Evento: Tesouros reais. Obras mestras do Museo de Terra Santa

Tesouros reais. Obras mestras do Museo de Terra Santa
venres, 22 marzo, 2024 a domingo, 4 agosto, 2024
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Tesouros reais. Obras mestras do Museo de Terra Santa

*Tesouros reais. Obras mestras do Museo de Terra Santa* é unha exposición internacional que amosará en Santiago de Compostela o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico do Museo de Terra Santa de Xerus...

Tesouros reais. Obras mestras do Museo de Terra Santa é unha exposición internacional que amosará en Santiago de Compostela o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico do Museo de Terra Santa de Xerusalén, composto de doazóns das monarquías católicas europeas ao longo de 500 anos. Será a primeira vez e única que estas pezas procedentes de Xerusalén se poidan ver en España, exhibíndose no Gaiás entre marzo e agosto de 2024.
Ao longo de medio milenio —e para manifestar a súa devoción católica— as casas reais europeas doaron recursos materiais e financeiros, así como suntuosas pezas de arte sacra á Basílica do Santo Sepulcro en Xerusalén, lugar de profunda simboloxía espiritual e importante centro de proxección da devoción e do poder dos reis e príncipes católicos.
Tendo como eixo central estas doazóns, a exposición amosa parte deste tesouro artístico, composto por valiosos obxectos relixiosos de metais e pedras preciosas, cálices, ourivería, códices, ornamentos, vestiduras sacras de rara manufactura… Pezas únicas de incalculable valor que foron custodiadas durante máis de 800 anos, desde a chegada dos franciscanos a Palestina, pero que raramente puideron ser vistas polo gran público. A mostra permite tamén percorrer a historia da Basílica do Santo Sepulcro e o papel da Custodia de Terra Santa, a comunidade de frades da Orde de San Francisco que se asume como gardiá deste singular patrimonio arqueolóxico, artístico e litúrxico.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona