Evento: Airiños da Freba

Airiños da Freba
sábado, 21 outubro, 2023 - 19:00
Casa da Cultura,
Burela
Espectáculo de Música a cargo de Airiños da Freba

Airiños da Freba é un sexteto de música tradicional con máis dunha década de historia e cun repertorio orixinal, baseado en recollidas propias e investigacións, co fin de aportar frescura a quen o escoita, pero tamén transmitir a sensación de que aínda queda moito por descubrir do noso inmenso patrimonio musical. 

Galardoados nos Premios Martín Códax da Música 2022 na categoría de Música Tradicional, a proposta que nos traen estes lugueses é unha divertida viaxe no tempo pola súa provincia, concretamente aos anos 30, 40 e 50 do século pasado, cando quintetos, diversos conxuntos e orquestinas amenizaban as nosas festas.

100% Música tradicional de Lugo para bailar e lembrar con saudade aquelas festas de roupa amidonada, de iluminación con luz “de gas”, ou aquelas ringleiras de bombillas no campo da festa.

No seu haber, dous discos publicados: a súa ópera prima, "O´de lacón" (2017), e o máis recente, "Con grelos" (2020), un mañuzo de pezas apañadas polas hortas lucenses, que dan boa conta da riqueza do "nabal" do noso patrimonio etnomusical, no que tamén inclúen a emigración a Barcelona e á Arxentina. Todo un convite ao baile e á festa! 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Absurdia
11 de abril, 18:00
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña
Con lingua propia
11 de abril, 18:00
Auditorio Municipal Manuel María - O Carballiño - Ourense
Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
11 de abril, 20:00
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela - Cangas - Pontevedra
Go home
Go Home
11 de abril, 20:00
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra