Evento: Berro

Berro
sábado, 30 setembro, 2023 - 20:00
Pazo da cultura,
Narón
Espectáculo de danza a cargo de Nova Galega de Danza

BERRO

É a liberdade de contar sen medo nin ataduras,deixando fluír a inocencia da natureza, a forza ineludible da expresión. A voz interior chama por

manifestarse, voar, fóra de nós. É un fío condutor entre o noso interior e o exterior.

Baleirarse polo Berro, seguindo pasos ancestrais que veñen sós porque os levamos dentro, dende a orixe. Non escoitar esta voz, non expresala é encerrar

corpo e alma. Unha parálise existencial.

O Berro é parte do proceso de crecemento das nosas vidas. A flutuación necesaria, o aire que precisamos. Os pobos teñen un berro común que se expresa a

través dunha vibración colectiva sempre viva, sempre presente. A tradición que canaliza, recolle, escoita e expresa as enerxías que teñen que saír para salvar,

curar e liberarse. Para poder velas, comprendelas e arropalas fora de nós.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Monstros
19 de outubro, 12:00
Teatro Principal - Pontevedra - Pontevedra
A cincenta que non quería comer perdices
19 de outubro, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Os senteito
19 de outubro, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Monstros
19 de outubro, 18:30
Teatro Principal - Pontevedra - Pontevedra