Evento: Arte efémera para toda unha vida. Cuestións sobre a tatuaxe
Arte efémera para toda unha vida. Cuestións sobre a tatuaxe
O Festival Arteficial celebra a súa XVII edición no conxunto histórico da vila de Ribadavia; como ven acontecendo nas súas últimas edicións, o Museo Etnolóxico acolle unha exposición, en colaboración co Festival, buscando xerar un espazo de difusión, reflexión e visibilidade, neste caso, para unha arte plástica singular, a tatuaxe.
Comisariada por Aida Lojo, a mostra fuxe dunha visión histórica ou retrospectiva da tatuaxe, e aborda, dende a perspectiva das persoas que tatúan, a historia, formación, riscos, creacións, significados, etc. desta arte milenaria e o que son os aspectos particulares e/ou singulares desta arte.
Así, a exposición é unha mestura onde poden atoparse audiovisuais de procesos creativos e execución de tatuaxes, láminas de creacións de deseños, fotografías de peles tatuadas, peles sintéticas tatuadas, máquinas de tatuaxes e outras pezas vinculadas ao deseño. Estas, ademais, están acompañadas polas reflexións dos e das artistas.
Máis eventos de tipo Exposición



