Evento: Obradoiro “Ler é imaxinar: elaboración de cartaces en prol da lectura e os libros”
Obradoiro “Ler é imaxinar: elaboración de cartaces en prol da lectura e os libros”
A persoas participantes, por grupos, elaborararán un cartaz dedicado á lectura, no que partindo da colaxe e a cor, poderán reflectir a importancia dos libros e das historias.
Recortaremos imaxes, textos, palabras, incluiremos títulos e os nomes de escritoras e escritores que máis lles gusten.
Na sala infantil.
Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos.
As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.
Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España) e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.