Evento: Exposición de fotografía “Berlín, a simple vista”

Exposición de fotografía “Berlín, a simple vista”
venres, 1 decembro, 2023 a sábado, 30 decembro, 2023
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Exposición de fotografía “Berlín, a simple vista”

Do colectivo Área3Photo

Cedemos o vestíbulo da biblioteca ao colectivo Área3Photo para a realización desta exposición fotográfica.

As fotografías que compoñen esta mostra hai que encadralas no que se coñece como foto de rúa. Trátase dunha serie de imaxes que son o froito dunha ollada sobre Berlín trinta anos despois da caída do muro.

Unha ollada fugaz e curiosa sobre esta cidade que, por atoparse tantas veces nunha encrucillada da historia, está sempre nun continuo devir, reinventándose constantemente. As fotos recollen currunchos, instantes, actitudes, xestos, miradas de xente que vive (e deixa vivir) en Berlín. Se as imaxes teñen un denominador común este non é outro que o de por de manifesto que os muros só serven para unha cousa, a saber, para ser derrubados.

Área3Photo é un colectivo de 3 fotógrafos afincados en Santiago de Compostela formado por José Manuel Pérez Pena, Carmen Torres-Maroño e Javier Ventosa Rial.

Pode visitarse no vestíbulo durante o horario de apertura da biblioteca. 

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona