Evento: O raro é que bailar sexa raro

O raro é que bailar sexa raro
domingo, 17 decembro, 2023 - 20:00
Sala Ártika,
Vigo

O raro é que bailar sexa raro

Espectáculo de danza.

Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa. Bailar pode ser unha epidemia. Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incomprensible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle.Con todos nós: un corpo en rebelión, atravesado, sublevado, a bailarina non normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna. Formas de estar que complican. Estratexias da invisibilidade activa ou identidades disidentes. Vida atravesada. Ficción bastarda. Capacidade para imaxinar. Divagación dificultosa con aparencia de profundidade. Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha trampa ao ollo, unha coreografía maraña, un engano narrativo: coreo-biografía-pirata. Isto vai de bailar bailando.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal