Evento: 1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega

1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega
mércores, 28 xuño, 2023 a domingo, 12 novembro, 2023
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega

/1984. Unha xeanoloxía feminista da arte urbana galega, /é un ensaio expositivo sobre arte urbana, inédito no noso País. Curado por Amabel González Troncoso e Clara Rodríguez Cordeiro, o proxecto é froito dunha...

A partir da numerosa documentación achegada por artistas e coleccionistas de toda Galicia, constrúese unha persoal xeanoloxía de arte urbana desde unha revisión feminista do movemento, na procura de deconstruir a tan extendida idea da suposta ausencia de mulleres que pintan na rúa. Unha historia da arte paralela á institucional que reúne o traballo de diferentes xeracións de creadoras combatindo os estereotipos de xénero con feitos históricos como o que demostran que o primeiro graffiti realizado en Galicia foi obra dunha muller Seor, en 1984.
Desde entón, a evolución de estilos, formatos e disciplinas non deixou de medrar, e moitas destas artistas conseguiron converter en profesión a súa experimentación dentro dun movemento marxinal no sistema da arte -ilegal en moitas ocasións– onde as posibilidades se mesturan coas trabas e coas dificultades que supón ser muller creadora no espazo público.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona