Evento: Vixésimo cuarto aniversario do Aquarium Finisterrae

Vixésimo cuarto aniversario do Aquarium Finisterrae
luns, 5 xuño, 2023 a domingo, 11 xuño, 2023
Aquarium Finisterrae,
A Coruña

Vixésimo cuarto aniversario do Aquarium Finisterrae

Visitas guiadas e obradoiros.

De luns a venres, ás 17.30 h os visitantes do acuario coruñés poderán realizar a visita guiada «Sinais de alarma», un itinerario pola sala Maremagnum onde se presentarán e comentarán un variado conxunto de procesos e transformacións ambientais que se están producindo no noso planeta, especialmente en relación coas contornas mariñas. Diferentes módulos e acuarios servirán para abordar cuestións como a acidificación das augas, a contaminación mariña, as especies invasoras, a sobreexplotación dos recursos naturais ou a ruptura dos equilibrios ambientais. Para participar só haberá que aboar a entrada correspondente do Aquarium finisterrae e presentarse na recepción á hora de inicio.

A fin de semana do sábado 10 e o domingo 11 de xuño, en horario de 11.30 h a 13.30 h, haberá obradoiros de arte efémera destinados a público familiar con nenos e nenas a partir de 6 anos. Esta actividade está pensada para concienciar a cidadanía sobre o gran problema ambiental que é a contaminación dos océanos con plásticos. A partir dunha diversidade de refugallos recolleitos en praias galegas, os participantes poderán crear pequenas esculturas sobre peixes e outros animais mariños, tanto reais como imaxinarios. Os talleres estarán guiados polo colectivo Retoque Retro e a Asociación Mar de fábula. Se as persoas participantes deciden doar as súas creacións artísticas, sumaranse ao banco de seres mariños que adorna a entrada da sala Humboldt de exposicións temporais. Para participar nesta actividade hai que realizar unha reserva previa na páxina web dos Museos Científicos Coruñeses, a partir das 10.00 h do mércores día 7 de xuño, e aboar a entrada correspondente ao chegar ao acuario.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Compostela (d)escrita
23 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal