Evento: Xoguetes de papel: casas de cartón

Xoguetes de papel: casas de cartón
venres, 2 xuño, 2023 - 18:00
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Xoguetes de papel: casas de cartón

A cargo de A nube de Artear

A falta de formigón bo é o cartón.

Actividade sinxela onde conxuntamente pais e fillos poderán montar, desmontar, decorar e personalizar a súa vivenda de cartón ao seu gusto.

O obxectivo deste obradoiro é desenvolver a imaxinación, a creatividade, traballar a plasticidade fina e a destreza ademais de fomentar a comunicación entre os membros da familia.

Para nenas e nenos de 4 a 8 anos (Familiar) (8-10 prazas) -

Duración: 90 minutos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

“Estudar é + doado se sabes COMO” (5ª Sesión)
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Papalibros
24 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Técnicas gráficas para relatar memorias
25 de outubro
Museo do Castro de Viladonga
Xogando a combinar as letras de BIBLIOTECA
25 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense