Evento: Obradoiros en familia

  • Obradoiros en familia. Picaso branco no recordo azul
Obradoiros en familia
sábado, 15 abril, 2023 a sábado, 17 xuño, 2023
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Obradoiros en familia

Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Trátase de que os participantes desenvolvan as súas propias creacións utilizando como contextualización distintas obras da exposición temporal Picasso branco no recordo azul, de tal forma que sirvan de base e inspiración.

Os obradoiros realizaranse os Sábados:

15, 22 e 29 de abril

6, 13, e 27 de maio

3, 10 e 17 de xuño.

 

Horario: 17:00 a 18:30 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Monitor: Arkhé Espacio Educativo

Público: Nenos e nenas de 4 a 10 anos, acompañados dun adulto

Prazas: 12

Prezo: Gratuíto

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Inscrición:

  • Todas as actividades son de balde previa inscrición a partir do 10 de abril
  • A inscrición está limitada a un obradoiro por familia. No caso de dispoñibilidade de prazas, abrirase un novo prazo de inscrición para outras datas.
  • A inscrición realizarase enviando a folla de inscrición (dispoñible ao final da páxina) ao correo electrónico actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal
  • O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, é necesario recibir confirmación por parte do Museo.

Programa de actividades

A Torre de Caramelo (15 de abril, 6 de maio e 3 de xuño)
Así chamaba o artista a Torre de Hércules e imos crear a nosa propia Torre de Caramelo. Os materiais diversos e pouco convencionais que espertan a creatividade e invitan a saírnos das pautas marcadas serán o eixo arredor do cal xire o deseño e a construción deste proxecto.

Rostros Picassianos (22 de abril, 13 de maio e 10 de xuño)
Unha das imaxes máis icónicas de Pablo Picasso son os seus rostros: desmontados, xirados en varias perspectivas. de proporcións imposibles... Imos xogar, experimentar e crear con este elemento tan coñecido e tan cheo de posibilidades: O Rostro.

Deconstruíndo a Pablo (29 de abril, 27 de maio e 17 de xuño)
Pensachedes algunha vez en como serían os cadros se cobrasen vida saíndo do seu marco? Esta é a premisa coa que imos xogar e crear neste obradoiro. Pasaremos das dúas ás tres dimensións, a través dun proxecto artístico no que se funden a pintura, a escultura e o tinkering, dándolle vida a unha natureza morta.

https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/actividades/obradoiros-en-familia-picasso-branco-no-recordo-azul

Descargas

Máis eventos de tipo Obradoiro

Rosalía cantareira
18 de xuño
Biblioteca Pública Municipal de Cela
Sentimentalismo - Grupo Cultural
18 de xuño
Biblioteca Pública Municipal José Saramago de Santa Marta
Iniciación ás IAs: ChatGPT e Dall·E
19 de xuño
Centro Internacional de Prensa de Galicia (Rúa nova, n9)
Escape Room: Os misterios da biblioteca
22 de xuño
Biblioteca Pública Municipal de Barro