Evento: Proxecto VINTE. Conmemoración do 20 aniversario da inauguración da Casa Museo Picasso

Proxecto VINTE. Conmemoración do 20 aniversario da inauguración da Casa Museo Picasso
venres, 3 febreiro, 2023 a sábado, 30 decembro, 2023
Casa Museo Picasso,
A Coruña

Proxecto VINTE. Conmemoración do 20 aniversario da inauguración da Casa Museo Picasso

Visitas teatrais e roteiros para recordar a estadía do xoven Picasso na Coruña.

O proxecto VINTE parte da idea de que o meirande tesouro picassiano que A Coruña posúe é inmaterial. Está constituído polos espazos que o pequeno Pablo Ruiz habitou na nosa cidade durante un curto, mais intenso, período de tempo (entre os anos 1891 e 1895) e que o marcarían para sempre.

Partindo desta base, o proxecto desenvolverá as súas actividades escénicas o venres 3 de febreiro nalgúns dos máis importantes enclaves relacionados co Picasso coruñés, centrando o protagonismo na que foi, precisamente, a vivenda familiar dos Ruiz Picasso na Coruña: a hoxe Casa Museo Picasso.

Varias accións teatrais, unha peza performática con elementos musicais e visuais e un percorrido teatralizado pola cidade serán os catro eixos de acción desta proposta cultural participativa, coa que se pretende construir unha realidade ficcionada do paso do pequeno Pablo Ruiz pola Coruña e achegar á cidadanía coruñesa unha nova lectura deste aínda pouco coñecido territorio picassiano coruñés.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal