Evento: Xulio García Rivas. Manancial de sombras

Xulio García Rivas. Manancial de sombras
mércores, 18 xaneiro, 2023 a domingo, 9 abril, 2023
Fundación Luís Seoane,
A Coruña

Xulio García Rivas. Manancial de sombras

Exposición de Xulio García Rivas.

Manancial de sombras reúne a obra máis recente de Xulio García Rivas (Borraxeiros, Agolada, Pontevedra, 1947), unha selección de vinte pezas de mediano e gran formato realizadas en tinta chinesa sobre lenzo ou papel de arroz.

Comisariada por Sara Donoso, a mostra establece unha conexión coas exposicións levadas a cabo na Fundación Luís Seoane entre os anos 2005 e 2007 por outros artistas galegos como Xabier Toubes, Darío Álvarez Basso ou Roberto González Fernández, cuxo traballo non se inscribe dentro de ningún movemento ou corrente artística concreta.

A diferenza daquelas intervencións realizadas dentro do ciclo Non Dispoñible, que recorría a zonas non expositivas do edificio como as galerías ou o patio central, neste caso o artista executou especificamente este proxecto para a sala principal da Fundación, único dos seus espazos que permite acoller obras que, nalgúns casos, exceden os catro metros de longo.

As dimensións das pezas xogan un papel destacado nesta proposta de carácter inmersivo que conecta o espectador co mundo interior do autor, grazas á interpretación que este fai da paisaxe, no que se mesturan as influencias da pintura taoísta chinesa, o expresionismo abstracto, a obra de artistas como Monet, Goya ou Caspar David Friedrich, as Variacións Goldberg ou a música de John Coltrane, por citar só algúns exemplos.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia