Patrimonio: MONUMENTA 2017

MONUMENTA 2017

Seguindo os pasos de camiñantes ilustres

Monumenta convídanos, un ano máis, a sumarnos as súas andainas como a mellor e máis antiga maneira da explorar, vivir e sentir o noso territorio, escenario e acubillo do patrimonio material e inmaterial galego. 

 

 

Ler máis

Nesta edición, seguiremos os pasos xa percorridos por camiñantes ilustres como Domingo FontánAlan Lomax, Ruth Matilda Anderson ou Casto Sampedro.

 

Nestas descubertas contaremos coa axuda de convidados expertos en arquitectura, a arqueoloxía, a xeografía, a xeoloxía ou a arte, que nos achegan outra mirada sobre os nosos camiños, nos que se erguen edificios históricos, relixiosos ou as primeiras instalacións da Revolución Industrial. 

 

Velaquí as oitos andainas:

1.Dous séculos do rostro  de Galicia 
Santiago de Compostela (A Coruña)
Sábado, 5 de agosto 10:30 h
Punto de encontro: Museo do Pobo Galego

 

2. Os cultos  en Santa Mariña de Augas Santas 

Santa Mariña de Augas Santas
Allariz (Ourense)
Domingo, 6 de agosto 11:00 h
 

3. Os morcegos de Santa María de Pesqueiras

Santa María de Pesqueiras
Chantada (Lugo)
Sábado 12 de agosto 11:00 h
Punto de encontro: No descenso ao encoro de Belesar

 

4. A Valga romana 

Valga (Pontevedra)
Domingo 13 de agosto 10:00 h
Punto de encontro:Colexio de Educación Primaria Xesús Ferro Couselo 

 

5. Escoitando  as Terras  de Miranda 

Mondoñedo (Lugo)
Sábado 19 de agosto 11:00 h

Punto de encontro: Praza da catedral de Mondoñedo

 

6. Pola Costa  da Morte con Ruth Matilda Anderson e Manfred Gnädinger 

Camelle, Camariñas
Domingo 20 de agosto 10:30 h

Punto de encontro: Museo de Man

 

7. Tras os pasos de Casto Sampedro

Redondela e Illa de San Simón (Pontevedra)
Sábado 26 de agosto 17:00 h
Punto de encontro: Praza-xardín de Redondela

 

8. Alan Lomax e os afiadores dos Peares

Nogueira de Ramuín (Ourense)
Domingo 27 de agosto 10:30 h

Punto de Encontro: Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil