Evento: Dous séculos do rostro de Galicia

Dous séculos do rostro de Galicia
sábado, 5 agosto, 2017 - 10:30
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Dous séculos do rostro de Galicia

A andaina segue os pasos dos lugares clave da vida e da obra do ilustrado galego Domingo Fontán

A andaina segue os pasos dos lugares clave da vida e da obra do ilustrado galego Domingo Fontán (xeógrafo, matemático, político) na cidade compostelá: o Panteón de Galegos Ilustres, a Facultade de Xeografía e Historia, a praza da Quintana, o colexio de San Xerome e o claustro de Fonseca.

MONUMENTA DIVULGA: A figura do insigne matemático e xeógrafo Domingo Fontán Rodríguez puxo a Galicia na vangarda da cartografía en España e nunha posición respectable diante dos traballos que se levaban a cabo en Europa polas principais escolas de xeodestas. Polifacético, recto e profesional, fixo da súa causa a defensa de Galicia. Foi perseguido polas súas ideas liberais, que mesmo lle supuxeron a perda da súa cátedra. Con todo, desenvolveu unha intensa actividade docente, científica e política na que o seu obxectivo principal era a mellora nas condicións de vida dos galegos. Santiago de Compostela foi  a cidade clave da súa vida e obra.

CAMIÑANTES CONVIDADOS:Juan López Bedoya, xeógrafo formado na Universidade de Santiago de Compostela. Manuel Anxo Freire Boado, cartógrafo, que fará un transepto de medicións con distintos aparatos que recrearán parte do traballo científico de Domingo Fontán.

A ANDAINA
Hora de saída: 10:30 h
Hora de regreso  estimada: 14:00 h
Distancia: 5 km
Dificultade: baixa-media 

Inscrición previa: prazas limitadas a 75 persoas.

Imprescindible inscrición, do 25 xullo ao 04 de agosto, na web: https://monumentagalicia.com.

Admisión por orde de inscrición.

Máis: info@sinsalaudio.org  e no teléfono 619 637 211.

 

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Compostela (d)escrita
23 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal