Semana da cultura chinesa

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Arte de tinta chinesa. Cantos de vento primaveral

Esta mostra é un delicioso exemplo da máis profunda concepción da pintura tradicional e un alarde da técnica de tinta chinesa.

O martes 7 de febreiro ás 17:30 h os coordinadores dos actos da II Semana da cultura chinesa - Miguel Cortés Hernández da Asociación Educativa Cultural Qu Yuan (屈原), Wang Quan (汪泉) da oficina de relacións exteriores da USC e Cai Jianxin (佳欣 ) Secretaria da Asociación dos Estudantes Chineses de Santiago de Compostela - presentan o ciclo de actividades e inauguran a exposición.

Galego

Escritura chinesa con pinceis 书法 (Shū Fǎ)

Charla - obradoiro para nenos e nenas a cargo dun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Wang Quan (汪泉), Cai Jianxin (佳欣) e Miguel Cortés Hernández.

A maxia e beleza da escritura chinesa nas nosas mans, nos nosos trazos: unha experiencia divertida de sensibilidade e destreza para os pequenos e pequenas.

Realizarase nas salas de traballo do 3º andar e está dirixido a nenas e nenos de 6 a 16 anos. Precísase inscrición previa, máximo 20 participantes.

 

Galego

Cultura chinesa

Mostra bibliográfica vinculada á programación da IV Semana da cultura chinesa na biblioteca, ciclo de actividades do 5 ao 9 de febreiro, organizada pola Asociación Cultural Educativa Qu Yuan(阿塞屈原) e coordinada por Miguel Cortés Hernández (米東方), vogal de Intercambios Lingüísticos e Actividades Culturais da Asociación, e Han Yu (韩禹) presidente da Asociación China Universitaria de Santiago de Compostela (圣地亚哥大学中国学生学联).

No 3º andar da biblioteca. 

Galego

Tai-Chi-Chuan e condición física saudable

José Ricardo Soto Caride defendeu a primeira tese doutoral que se presentou en España sobre Tai-Chi cunha cualificación de sobresaliente cum laude. Ten asistido a numerosos congresos internacionais de Educación Física, en calidade de poñente, coa temática da influencia do Tai-Chi na condición física saudable. Practica artes marciais dende 1970 e é cinto negro 5º dan de WuShu e Tai-Chi. Complementou os seus coñecementos no Mosteiro Shaolín e na Universidade de Educación Física de Beijing, entre outros centros de formación.

Galego

Música e ópera Tradicional Chinesa 歌剧 (Gē jù)

Charla - Obradoiro acargo dun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por. Wang Quan (汪泉) e por Miguel Cortés Hernández.

A tradición musical chinesa tan diferente da nosa, está chea de misterio e beleza. Coñecemos os personaxes e coloreamos as máscaras que os simbolizan. 

Para nenas e nenos de 6 a 14 anos. Precísase inscrición previa, máximo 20 participantes.

Lugar: Sala Infantil

Galego

Pensamientos filosóficos transmitidos polos cadros chineses de tinta chinesa (中国的传统思想与中国画的渊源)

Yang Yuguang (杨渝光) é un pintor chinés recoñecido experto na caligrafía e na pintura tradicional chinesa, gañou diferentes premios e medallas en distintas exposicións no seu país.

Será asistido e traducido ao español pola súa esposa Zhang Yang (张 燕).

Salón de Actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Papiroflexia 折纸 (Zhé zhǐ)

Obradoiro de papiroflexia a cargo dun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Wang Quan (汪泉) e por Miguel Cortés Hernández.

Unha tradición oriental na que a atención, a habilidade e a memoria conxúganse coa creatividade e o entretemento.

Para nenas e nenos de 6 a 14 anos. Precísase inscrición previa, máximo 15 participantes.

Lugar: Sala Infantil

Galego

Escritura chinesa con pinceis 书法 (Shū Fǎ)

Charla Obradoiro para nenos e nenas a cargo dun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Wang Quan (汪泉) e por Miguel Cortés Hernández.

A maxia e beleza da escritura chinesa nas nosas mans, nos nosos trazos: unha experiencia divertida de sensibilidade e destreza para os pequenos e pequenas.

Para nenas e nenos de 6 a 14 anos. Precísase inscrición previa, máximo 20 participantes.

Lugar: Sala Infantil

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Semana da cultura chinesa