Semana da cultura chinesa

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Familia e sociedade na China antiga: a súa pegada no idioma chinés actual (中国古代的社会家庭观对现代汉语的影响)

Xuan Shao, da Academia ERYA (尔雅东方语言文化中心), Centro de estudios de lingua e cultura oriental en Santiago de Compostela, imparte esta ponencia sobre a cultura e a lingua chinesas.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Medicina china, medicina total

Conferencia sobre a medicina chinesa a cargo de Fernando Salgado Blanco, Licenciado en Medicina pola USC, especialista en Medicina Chinesa pola Universidade de Medicina China de Beijing e coordinador do Master de Acupuntura da USC.

Debido ao éxito da conferencia sobre medicina chinesa tradicional da edición anterior da Semana da Cultura Chinesa, e da escaseza de tempo naquela ocasión para as preguntas e os comentarios dos asistentes, os coordinadores deste ciclo programan unha intervención máis longa desde as 17.30 h ás 20.30 h cun pequeno descanso as 19.00 h.

Galego

Imaxes Chinesas do 1996

Tomando como base as diapositivas do primeiro viaxe a China de Miguel Cortés Hernández (米東方) realizado no 1996, os estudantes chineses, familias de Santiago que viaxaron con posterioridade e cidadáns chineses que viven aquí podemos comentar a vertixinosa transformación nestas dúas décadas do xigante asiático.

Coordinado por Wang Quan (汪泉), Cai Jianxin (佳欣) e Miguel Cortés Hernández (米東方).

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Artesanía chinesa de adornos de nudos 中国结 (Zhong guo jie)

Uun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Wang Quan (汪泉), Cai Jianxin (佳欣) e Miguel Cortés Hernández (米東方), nos achegan unha tradición presente en todas as casas, comercios e locais de toda a China durante as festividades, onde se combina a habilidade, a precisión e a creatividade.

Salas de traballo do 3º andar. Diríxese a nenas e nenos de 6 a 16 anos. Precísase inscrición previa, máximo 15 participantes.

Galego

Papiroflexia 折纸 (Zhé zhǐ)

Obradoiro de papiroflexia a cargo dun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Wang Quan (汪泉), Cai Jianxin (佳欣 ) e Miguel Cortés Hernández (米東方).

Unha tradición oriental na que a atención, a habilidade e a memoria conxúganse coa creatividade e o entretemento.

Sala Infantil. Diríxese a nenas e nenos de 6 a 14 anos. Precísase inscrición previa, máximo 15 participantes.

Galego

Farois Chineses da boa sorte (Deng Long)

Un grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Wang Quan (汪泉), Cai Jianxin (佳欣 ) e Miguel Cortés Hernández (米東方) realizan este obradoiro.

Na véspera do día 15 do primeiro mes lunar, festa dos farois en China e todo o Extremo Oriente, construímos dunha forma sinxela e divertida estes elementos tan vistosos e tradicionais, decorados cos carácteres chineses da boa sorte.

Galego

O soporte do coñecemento, o papel

María Xosé Martínez e Miguel Cortés Hernández (米東方) aprenden aos nenos e nenas, dunha forma didáctica e divertida, a orixe e o desenvolvemento deste material fundamental para a cultura. Poden coñecer e tocar diferentes variedades de papel, e varias aplicacións deste material, tanto chinesas como occidentais. 

Sala Infantil. Diríxese a nenas e nenos de 6 a 14 anos. Precísase inscrición previa, máximo 20 participantes.

Galego

A Seda: arte e cultura que nos veu da China

María Xosé Martínez Pérez, divulgadora e especialista en procesos artesanais en téxtil e papel, realiza un percorrido pola historia e polos aspectos máis curiosos e interesantes da manufactura deste material, ademais de traer mostras de tecido, casulos, trebellos e utensilios tradicionais para ver e tocar.

Sala Infantil. Diríxese a nenas e nenos de 6 a 14 anos. Precísase inscrición previa, máximo 20 participantes.

Galego

O Tai-Chi. Historia e evolución

José Ricardo Soto Caride, Doutor en Educación Física, defendeu a primeira tese doutoral que se presentou en España sobre Tai-Chi cunha cualificación de sobresaliente cum laude. Ten asistido a numerosos congresos internacionais de Educación Física, en calidade de poñente, coa temática da influencia do Tai-Chi na condición física saudable. Practica artes marciais dende 1970 e é cinto negro 5º dan de WuShu e Tai-Chi. Complementou os seus coñecementos no Mosteiro Shaolín e na Universidade de Educación Física de Beijing, entre outros centros de formación.

Galego

Principios taoístas y artes caligráficos y pictóricos de China (道教文化与中国的书画艺术)

Yang Yuguang (杨渝光) é un pintor chinés recoñecido experto na caligrafía e na pintura tradicional chinesa, gañou diferentes premios e medallas en distintas exposicións no seu país.

Será asistido e traducido ao español pola súa esposa Zhang Yang (张 燕).

Salón de Actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Semana da cultura chinesa