Nexos

Imaxe: 
Nexos
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O aforismo e a beleza da síntese

Desde tempos inmemoriais o pensamento dos pobos transitou en pequenos enunciados que sintetizaban os saberes e as crenzas constitutivas da comunidade. Proverbios, refráns, máximas ou sentencias foron ferramentas ao servizo da transmisión do coñecemento. O aforismo, do grego “definir”, é aquela variante que concilia poesía e reflexión filosófica, fondura con precisión e beleza. Intelectuais de diferentes épocas, culturas e xeografías empregárono como vehículo de expresión: de Heráclito a Nietzsche ou Ciorán, de Confucio a Pessoa ou Sánchez Ferlosio.

Galego

Nexos infantil 2016

Nexos volve prestar especial atención aos máis pequenos, aos que introducirá nos diferentes aspectos da vida que se inclúen no ciclo a través de actividades lúdicas e didácticas coas que aprender xogando. Dirixida a nenos de Primaria –de 5-6 a 11-12 anos-, cada sesión artellarase baixo a fórmula: ler, facer, falar.

Galego

O turismo: entre o parque de atraccións e as invasións bárbaras

Santiago de Compostela, cidade turística por excelencia, estase a beneficiar dun incremento acelerado no número anual de visitantes. Esa inxección de recursos é un maná moi prezado en tempos de crise, especialmente para os sectores de restauración, hostalería e comercio. Con todo, e á luz do sucedido noutras latitudes, esa afluencia masiva podería ter consecuencias non desexables. A especialización turística leva en ocasións aparellada un empobrecemento dos usos urbanos, así como a expulsión de poboación e de formas de vida autóctonas.

Galego

Últimos días con Shakespeare e Cervantes

O 23 de abril de 2016, coincidindo co Día Internacional do Libro, celebramos o 400 aniversario do falecemento de William Shakespeare e Miguel de Cervantes, cumios das letras en lingua inglesa e española. Non son poucos os estudosos da literatura que apuntan similitudes entre as súas obras. Tampouco faltan historiadores que tracen paralelismos entre as súas vidas. A modo de exemplo: ningún dos dous tivo formación universitaria e ambos foron perseguidos pola xustiza. Até aquí as coincidencias.

Galego

Novísimas miradas na arquitectura galega

A recente crise do sector inmobiliario asestou un duro golpe ao oficio de arquitecto, obrigando a repensar os seus enfoques e prioridades. O anterior modelo, escorado cara o espectáculo, cedeu paso a intervencións máis mesuradas, eficientes, sustentables e ancoradas no contexto social. Esa reformulación coincide en Galicia co agromar dunha extraordinaria xeración de profesionais que están a obter recoñecemento fóra das nosas fronteiras.

Galego

Nexos convida a... Teresa Barro

Cando se cumpren 150 anos da publicación de Alicia no país das marabillas, a Cidade da Cultura celebra unha nova sesión especial de 'Nexos convida...' que terá como protagonista a Teresa Barro, autora da tradución ao galego do libro de Lewis Carroll, do que tamén celebramos os 30 anos da súa publicación. Un traballo, realizado xunto ao seu marido Fernando Pérez-Barreiro, que lle valeu o Premio Nacional de Tradución de Libros Infantís e Xuvenís.

Galego

A revolución dixital e a nova humanidade

A segunda sesión de Nexos 2015-2016 abordará a Revolución dixital e a nova humanidade cun dos seus maiores expertos: o ensaísta arxentino Carlos A. Escolari. Durante o seu relatorio desvelará algunhas das claves deste fenómeno e dos seus controvertidos efectos na vida cotiá, na esfera social, no modelo económico e na organización política.

Tras o relatorio, a Biblioteca e Arquivo de Galicia acollerá unha actuación artística a cargo de Voltage Opposites, unha proposta onde a danza contemporánea converse coa videocreación.

Galego

A literatura portuguesa despois da revista Orpheu

O ciclo de cultura contemporánea Nexos volve á Cidade da Cultura coa sesión A literatura portuguesa despois da revista Orpheu.

Neste primeiro encontro Nexos achegaronos aos tres dos principais fitos da literatura portuguesa do último século: o nacemento da revista Orpheu, da que se cumpre agora o centenario, a poesía excepcional de Herberto Helder, recentemente falecido, e a narrativa de Lídia Jorge, con presenza da propia autora para falarnos da súa obra e das súas lecturas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Nexos