Nexos

Imaxe: 
Nexos
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Nexos convida... a Claudia Piñeiro

O ciclo Nexos da Cidade da Cultura celebra o venres 22 de maio unha sesión especial cunha protagonista de excepción: a escritora arxentina Claudia Piñeiro. Introducida polo escritor e xornalista Luís Pousa, a autora de Las viudas de los jueves compartirá cos asistentes un encontro máis íntimo no que reflexionará sobre literatura e o seu vínculo co cine, a televisión e o teatro.

Galego

O deleite na palabra. Sesión infantil.

A última sesión do Nexos infantil está protagonizada por contos galegos relacionados coa comida e, a través deles, falaranse dos grandes larpeiros da nosa literatura e da literatura universal, veranse obras de arte feitas con alimentos ou inspiradas neles para logo meter as mans na masa e crear a merenda nun obradoiro de decoración de galletas. Serán galletas ou serán obras de arte? O que é seguro é que serán uns deliciosos petiscos con historia propia que nos servirán para contar o noso particular conto antes de encher os bandullos.

Galego

Esplendor e farsa da arte contemporánea. Sesión infantil.

Nesta terceira sesión do Nexos infantil, os nenos aproximaranse á arte contemporánea a través de vídeos e fotografías para despois realizar a súa propia investigación, buscando na Biblioteca de Galicia libros e documentos que ilustren a esta temática. Logo, os participantes crearán as súas propias obras, comezando por facer algunhas improvisacións escénicas colectivas e rematando por pintar o seu cadro ou mural.

Galego

As cidades imaxinadas. Sesión infantil.

Esta sesión constará de dúas partes. Na primeira, os participantes visitarán a Cidade da Cultura e coñecerán o proxecto de Peter Eisenman para logo imaxinar como foi o proceso de concepción, o que dará pé a identificarse coa parte creativa da arquitectura e do urbanismo. Na segunda parte, despregaranse mapas e alzados de diversas cidades para logo constriuír as súas propias maquetas ou deseños.

Galego

María Zambrano e a razón poética

Esta primeira sesión de Nexos infantil descubrirá á María Zambrano autora, a súa vida e a súa obra. Os participantes lerán fragmentos dos seus poemas e, a partir do seu universo literario, a súa figura e relevancia nas letras, as súas obras e a súa biografía, crearase un mural colectivo descritivo no que se incluirán novos poemas realizados polos nenos a partir dos seus versos.

Galego

O deleite na palabra. Larpeiradas dos literatos

Poucos dubidan que a comida e a lectura son dous grandes praceres. E con frecuencia van da man. Así, o noso larpeiro favorito, don Álvaro Cunqueiro, dicía: “son as xentes da imaxinación, case sempre, as que comen mellor”. É certo, a historia da literatura está repleta de grandes comedores e bebedores, hedonistas consumados que se entregaron ao goce sensual do sabor, o aroma, a textura e a evocación. Ás veces polo camiño do exceso, como naquela película de Marco Ferreri, ás veces cunha contención sublimada e case espiritual.

Galego

Esplendor e farsa da arte contemporánea

No terreo das artes, o século XX veu marcado pola irrupción das vangardas e a multiplicación de novas correntes e “ismos” (fauvismo, futurismo, cubismo, dadaísmo, construtivismo, surrealismo, expresionismo abstracto...). Varias xeracións de creadores enfrontáronse ás convencións estéticas da burguesía desde unha actitude provocadora, cando non abertamente estravagante. A súa influencia social non parou de medrar, mentres a percepción maioritaria dos públicos oscilaba entre o estrañamento e o estupor, entre a fascinación e as acusacións de fraude.

Galego

As Cidades Imaxinadas

Todos lembramos o marabilloso libro As cidades invisibles de Italo Calvino, no que Marco Polo lle describe a Kublai Kan urbes fantasiosas que alzan ao ceo escaleiras de caracol incrustadas en caracolas mariñas. Porén, do que trata esta sesión non é tanto das formas literarias da cidade como da propia imaxinación dos arquitectos e urbanistas á hora de concibir os nosos espazos de relación e convivencia.

Galego

Nexos: María Zambrano e a razón poética

No Día Internacional da Poesía, Nexos quere lembrar á meirande intelectual española do século XX, a filósofa María Zambrano. Co concepto da “razón poética”, Zambrano acuñou unha liña de pensamento que buscaba transcender os estreitos límites do racionalismo para abrirse ao enigmático, misterioso e sagrado da condición humana. Ao longo dunha vida nómade, de exilio e compromiso, entre Europa e América, trabou fonda amizade con algún dos nosos escritores máis sinalados, como José Ángel Valente ou Rafael Dieste.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Nexos