Monumenta

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

As bágoas de San Lourenzo desde o Cabo do Mundo

O Castro, O Saviñao: As bágoas de San Lourenzo desde o Cabo do Mundo

PUNTO DE ENCONTRO: Igrexa de San Lourenzo de Fión

DATA: 12 de agosto

HORA SAÍDA: 19

HORA REGRESO: 2

PERCORRIDO: 6 km

DIFICULTADE: Baixa

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO

Durante séculos, a Vía Láctea foi interpretada como unha especie de «camiño celestial» cara a Occidente. A súa representación no ceo acompañaba o peregrino, coma un mapa pintado no firmamento polo propio apóstolo Santiago.

MONUMENTA DIVULGA

Galego

“El Camino Olvidado” no Bierzo en León

CONGOSTO DEL BIERZO, LEÓN
Sábado 7 de agosto, 10:00

PUNTO DE ENCONTRO
Santuario Virgen de la Peña. Como chegar: N120 (N-VI) e A6 dirección Ponferrada. Saída 378 cara a Congosto e despois avenida Virgen de la Peña.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
O tamén chamado Vello Camiño de Santiago e Camiño da Montaña percorría un total de 637 quilómetros desde Bilbao ata Cacabelos. Era un sendeiro moi frecuentado polos peregrinos na Idade Media, entre os séculos X e XII, que optaban por seguir a cornixa cantábrica para evitar os perigos doutros camiños.

Galego

Urbano Lugrís e o Parque Nacional das Illas Atlánticas

O Parque Nacional das Illas Atlánticas conta con numerosas rutas durante o ano, pero, nesta oportunidade, Monumenta realizará unha andaina diferente na que se falará sobre conceptos como a paisaxe e a súa relación co mundo da arte. Trátase de ofrecer unha perspectiva diferente sobre o parque natural para aprender a observar o espazo físico desde o punto de vista dun artista.

Galego

O patrimonio industrial nos Peares

Os Peares é un dos grandes epicentros da industria galega e non só pola actividade fabril presente na zona, como as centrais eléctricas, as adegas de viño, o ferrocarril e outras empresas tradicionais, senón tamén porque os seus encoros foron decisivos para a subministración eléctrica, o que propiciou a instalación posterior de empresas tan importantes como Citroën en Vigo.

Galego

Emilia Pardo Bazán e os Pazos de Ulloa

Percorrerase un novo Camiño Real para coñecer o románico en Ulloa. Por unha desas vías secundarias do camiño xacobeo chegarase ata o castelo de Pambre. Os seus construtores son os Ulloa, unha das linaxes nobres galegas máis distinguidas dos últimos séculos do medievo, que o converteron no espazo principal da familia a finais do século XIV. O seu simbolismo traspasa o ámbito do particular para converterse nun dos emblemas da comarca e parte do escudo do propio municipio de Palas de Rei.

Galego

O Camiño Real a San Pedro de Rocas

Visita ao que está considerado o terceiro centro dos inicios do cristianismo e da vida monástica en Galicia: o mosteiro de San Pedro de Rocas. Este templo excepcional será a derradeira parada dun percorrido polo chamado Camiño Real, que desde Esgos aínda conserva o seu pavimento, as marcas das carruaxes e, sobre todo, o paso do tempo entre unha vexetación desbordante e fermosa. Repasarase a historia dos camiños: desde as vías romanas e as vías medievais, ata os camiños reais, que deron lugar a parte das estradas da actualidade.

Galego

Meigas e feitizos con Gustav Henningsen

É un reto realizar unha andaina arredor do patrimonio inmaterial porque as pegadas son, en moitos casos, invisibles, pero tamén é unha oportunidade para experimentar e traballar coa imaxinación. Esta andaina de Monumenta será un paseo por Ordes, en conversa con Xavier Groba, un dos dous autores do libro Gustav Henmingsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968. Volverase a aquela Galicia máxica dos anos sesenta, mentres se visitan os graffitis e murais que cada ano programa o festival Desordes Creativas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monumenta