Monumenta

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

O Miño: a raia da amizade

A andaina de Monumenta percorrerá a senda do Miño desde o Espazo Fortaleza ata a praia de Eiras. No Espazo Fortaleza contextualizarase a localización e as relacións transfronteirizas. Despois, visitarase a fortaleza de San Lourenzo onde analizaremos os fortes do Miño na guerra con Portugal. Chegaremos ata o Peirao Vello para coñecer a pegada e a transcendencia do contrabando. E, en Eiras, coñecerase máis da pesca tradicional do Miño a partir dos traballos do etnógrafo Eliseo Alonso.

Galego

Camiños do sal: patrimonio histórico e rede natura nas salinas do Ulló

Monumenta permite coñecer con esta andaina as ruínas da Granxa das Salinas, edificio de finais do século XVIII e principios do XIX, utilizado pola servidume e os terratenientes, e que dispuña de diversas dependencias para a manipulación do sal e outros produtos. A andaina tamén nos levará a un dos poucos exemplos de muíño de mareas, que aproveitaba as correntes das preamares para mover a súa maquinaria.

CAMIÑANTES CONVIDADOS

Galego

Contos de fronteira e contrabando na vía nova

Esta andaina de Monumenta lévanos por un dos tramos mellor conservados desta vía romana de alto valor patrimonial. Coñecerase a riqueza natural, orográfica, paisaxística, etnográfica e arqueolóxica desta zona con paradas nos miliarios do Padrón (Vía Nova), o castro de San Miguel, lugar de culto da Ascensión, e repararase naqueles aspectos máis interesantes dos camiños rurais e nas carballeiras.

Galego

Patrimonio industrial e xeoloxía na Ribeira Sacra

Ademais de observar a interesante xeoloxía da zona, durante uns tres quilómetros Monumenta camiñará pola canle construída en 1916 para fornecer auga ás turbinas da central hidroeléctrica de Escalada (actual albergue da Fábrica da Luz). Na canle atópase un pequeno túnel construído para evitar desprendimentos. Atravesaremos a necrópole medieval de San Vítor de Barxacova (século IX) e a localidade de San Lourenzo de Barxacova.

Galego

A Fonsagrada e as terras de Burón

A andaina de Monumenta visitará varios exemplos de arquitectura da zona, como a igrexa de Santa María, construción barroca con tres naves e unha ábsida, a torre de Altamira ou o castelo de Burón, construción dos condes de Altamira que foi derrubada polos Irmandiños, capitaneados por Pedro Osorio, durante a Revolta do século XV e que foi reconstruída despois pola familia dos Moscoso.

Galego

Patrimonio industrial dos vales do Ulla-Umia

Pór en valor a tradición fabril da zona é o obxectivo desta actividade do ciclo Monumenta na que se visitan algúns complexos industriais situados no concello de Caldas de Reis.

Introducirase na tradición artesá, comercial e industrial desde a Idade Moderna ata a época contemporánea, propia da bisbarra do Ulla-Umia, que aínda hoxe mantén importantes fábricas no ámbito da química, da alimentación, da metalurxia e da madeira.

Galego

Faladoiro Monumenta

O arquitecto Antonio de Vega fala para o ciclo Monumenta da relación entre a paisaxe e a característica arquitectura popular de Santalla.

A participación en todas as actividades e concertos é libre e de balde.

Galego

Andar con arte

O ciclo Monumenta organiza esta andaina circular pasando polo castro de Corvazal. Durante o paseo, o xeógrafo Juan López Bedoya analizará esta paisaxe agraria
para achegarnos á flora e á fauna características da zona de Santalla de Bóveda de Mera.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monumenta