Monumenta

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Os alicerces da botánica e a meteoroloxía galegas: da Pasaxe á Guarda co pai Baltasar Merino

Tomando como referencia o pioneiro labor científico de Baltasar Merino como botánico e meteorólogo, e analizando a importancia da súa obra para Galicia e para a ciencia de inicios do século xx, abordaremos os distintos ambientes ecolóxicos deste sector da costa galega a través da distribución das súas plantas. Ensinaremos como se fan inventarios e transeptos de vexetación, así como técnicas básicas de herborización. Observaremos as nubes e valoraremos as súas características cara á predición do tempo.

Galego

A muralla de Lugo: Patrimonio da humanidade e fogar dos vencellos

A construción da muralla romana introduciu cambios na fisionomía da cidade antiga. Algúns edificios quedaron cortados polo seu trazado, como sucedeu coa Domus do Mitreo, punto de partida da andaina. Ao longo do percorrido, poderanse observar os cambios urbanísticos que se produciron na contorna da muralla nestes últimos anos, as intervencións arqueolóxicas ligadas á súa conservación e os novos modos de integrar o patrimonio natural no patrimonio
cultural, porque os vencellos aniñan entre as súas pedras e son parte da mesma paisaxe.

Galego

Os morcegos de Santa María de Pesqueiras

A igrexa de Santa María de Pesqueiras constitúe un exemplo de conservación compartida entre o patrimonio cultural e o patrimonio natural. No curso da restauración da pintura mural do presbiterio, constatouse que a igrexa se convertera no fogar de centos de morcegos que aniñan no teito da nave. Ao ser unha especie protexida, e coa particularidade de que a igrexa non ten culto, decidiuse que era posible compartir o espazo, de xeito que un gran pano de malla fina separa as pinturas murais do resto da igrexa.
 

Galego

Pola Costa da Morte con Ruth Matilda Anderson e Manfred Gnädinger

A finais do século xix, tres naufraxios –Iris Hull, 1883; Serpent, 1890; e Trinacria, 1893– marcaron para sempre esta parte de Galicia. Os mariñeiros ingleses bautizárona como A Costa da Morte e a prensa da época fíxose eco das súas traxedias. En contextos diferentes, e acudindo á chamada desas lendas, chegaron os nosos camiñantes. A fotógrafa americana Ruth Matilda veu a finais de 1924 e a principios de 1926, por encargo da Hispanic American Society, e documentou a realidade social do país.

Galego

Os cultos en Santa Mariña de Augas Santas

No ano 1931, a contorna da igrexa de Santa Mariña foi declarada Monumento Histórico-Artístico, e no ano 1963, a comarca tamén Conxunto Histórico-Artístico. Santa Mariña de Augas Santas constitúe un centro cultural desde hai máis de 2000 anos, no que conflúen os restos arqueolóxicos e históricos, a toponimia e a memoria oral dos veciños da parroquia de Augas Santas, elementos que discorren en dúas direccións, vinculados á orixe castrexa da cripta e á cristianización do territorio. Estes aspectos quedaron plasmados, dalgún xeito, na secuencia cronolóxica do conxunto.

Galego

A Valga romana

O río Ulla serviu de vía de entrada e saída, non só de produtos comerciais, senón tamén de intercambios culturais. Nesta andaina, achegarémonos á época romana desde os últimos achados arqueolóxicos, pero tamén ao rastrexar as influencias culturais que permaneceron ata a Valga actual. As augas do Ulla, os xacementos de Mercado dos Mouros, antigo porto comercial datado no século iv, e de Igrexa Vella, cos restos da edificación que estivo activa desde a época romana ata o século xviii, serán as principais testemuñas que mostrarán unha visión única deste territorio.

Galego

Tras os pasos de Casto Sampedro

Casto Sampedro Folgar (Redondela 1848–Pontevedra 1937) deixou un legado documental por descubrir, máis variado do que habitualmente lle é recoñecido. Ademais de compilador do magno Cancionero musical de Galicia e director fundador do Museo de Pontevedra, interesouse por temas de especialidades diversas, como a historia antiga e moderna, o folclore galego (de todo tipo, non só musical), a arqueoloxía (foi un dos pioneiros no estudo da arte rupestre galaica), a heráldica, a epigrafía ou a literatura.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monumenta