Monumenta

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Rodrigo Romaní

O ciclo Monumenta inclúe esta actuación de Rodrigo Romaní dentro das actividades para divulgar Santalla Bóveda de Mera.

Rodrigo Romaníe é un dos músicos máis destacados do panorama musical galego. Membro fundador de Milladoiro, abandonou o mítico grupo de folk para embarcarse en diversos proxectos, algúns tan significativos como a posta en marcha de Sondeseu, a primeira orquestra de folk de Galicia e de Europa.

Galego

Odaiko

O ciclo Monumenta celebra un concerto de Odaiko nos exteriores do centro de interpretación da Fundación Aquae Querquennae Via Nova. Tamén se poden ver os piares nos que asentaban os almacéns. 

Galego

Andar con arte

Andaina de Monumenta narrada por Santiago Ferrer (arqueólogo) e Manuel Rivero Pérez (antropólogo e sociólogo) ata o campamento militar, con visita ao xacemento arqueolóxico e ás termas.

Galego

Visita ao centro de interpretación da Fundación Aquae Querquennae

O ciclo Monumenta permite coñecer o Centro de Interpretación da Fundación Aquae Querquennae, situado a carón da vila de Bande, está considerado como un dos principais xacementos arqueolóxicos da comarca. Cronoloxicamente dátase entre os séculos i e ii d.C. O conxunto atópase localizado preto da vía romana denominada Vía XVIII, calzada que unía Astorga e Braga. Coñecido como A Cidá (a cidade), este campamento militar de forma rectangular, no que destacan as súas murallas, controlaba o río Limia e os arredores.

Galego

Barriografía de Noia

O xornalista e músico Xurxo Souto realizará unha fermosa “barriografía” de Noia en conversa con diferentes veciñas e veciños protagonistas da actualidade cultural e social de Noia.

Este faladoiro forma parte da programación de Monumenta 2015, ciclo que pon en valor, un ano máis, os bens históricos e artísticos restaurados.

A participación en todas as actividades e concertos de Monumenta é libre e de balde.

Galego

O gótico mariñeiro de Noia

Noia conta cunha fermosa zona histórica froito do apoxeo medieval e das actividades mercantís e pesqueiras da vila. Nela destacan dúas xoias de estilo gótico mariñeiro, a igrexa de Santa María a Nova, que acolle a mellor colección de lápidas gremiais e nobiliarias da Idade Media e Moderna, e a igrexa de San Martiño de Noia, cunha espectacular fachada de grandes figuras escultóricas. A vila histórica conserva, ademais, diferentes casas con brasón, corredores e galerías.

Galego

Andar con arte

Entre lusco e fusco, visita guiada polo arqueólogo Santiago Vázquez Collazo á área arqueolóxica de arte rupestre de Tourón e visionado nocturno dos petróglifos. Ademais, Pablo Martínez Alemparte, arqueólogo e especialista en astronomía, guiará os asistentes polo firmamento e axudará a establecer conexións co xacemento.

Unha hora antes, ás 21 horas, o ciclo Monumenta, as voces da formación Leilía poranlle música a este espazo patrimonial.

A participación en todas as actividades e concertos é libre e de balde.

Galego

Leilía

As actividades ao redor do xacemento de arte rupestre da área arqueolóxica de Tourón contan cunha banda sonora, a que lle pon o grupo Leilía. A formación naceu en 1989 da man de seis mulleres co propósito de recuperar do esquecemento a música de tradición oral de Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Monumenta