Día da Ilustración

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Creando emocións: obradoiro sobre Maruja Mallo

Neste obradoiro de manualidades achegamos a figura desta artista galega aos participantes, pintando en pedra as súas características máscaras, sorrintes e tristes, baseadas na traxedia clásica.

O obradoiro está dirixido a nenos e nenas de 6 a 10 anos. O límite de prazas é de 10. Para poder participar no obradoiro é precisa a inscrición previa chamando ao 881 999 401 ou acudindo ao mostrador de información do andar baixo da Biblioteca.

A actividade está a cargo de persoal da biblioteca e celébrase na sala infantil.

Galego

Castelao

No vestíbulo da biblioteca pode verse esta mostra bibliográfica para conmemorar o Día da Ilustración que se celebra  o 30 de xaneiro, aniversario do nacemento de Castelao.

Galego

Obradoiro de Ilustración

O obxectivo do obradoiro será deixar voar a imaxinación a través dun fío condutor que será a creación dun personaxe. Cada participante creará unha ou varias ilustracións nas que este personaxe “colectivo” vivirá as aventuras que el imaxine.

Ao final do obradoiro ordenaranse as ilustracións para crear un microconto espontáneo no que os participantes verán como todas as súas ideas, por moi diversas que sexan, cobran un sentido final.

Público: de 7 a 12 anos

Duración: 120 minutos

Prazas: 25

Galego

Álbums ilustrados: novas formas de ler

Denomínase álbum ilustrado a toda obra literaria, en xeral, dedicada ao público infantil, caracterizada por aunar nunha mesma páxina contido textual e contido ilustrado ou imaxe. Os dous contidos compleméntanse aportando conexión e coherencia á obra literaria. Normalmente edítanse en tapa dura e son obras de pequena extensión. É un xénero literario propio da literatura infantil e xuvenil relativamente recente, aínda que tamén hai álbums para adultos.

Sala Infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Maruja Mallo: unha pintora de vangarda

Conmemoramos o Día da ilustración (30 de xaneiro) cunha mostra dedicada a Maruxa Mallo (Viveiro 1902 - Madrid 1995), a máis recoñecida das artistas galegas do século XX.
A súa obra é cada vez máis valorada por galeristas e críticos, aínda que non foi recoñecida ata a morte de Franco. A súa culminación podería establecerse na Medalla de Ouro de Belas Artes, no 1982, e na exposición antolóxica que no 1993 inaugura o Centro Galego de Arte Contemporánea. 

Galego

Batman

Charla sobre Batman do ilustrador David Buceta. Visitará a exposición Hijos de Batman cos asistentes. Na sala Multiusos.

Actividade dentro do programa para celebrar o Día da Ilustración.

 

Galego

Laboratorio zoo-ilóxico

Obradoiro baseado na creación de híbridos de animais. Baseado no libro ilustrado por María Sánchez Lires O meu pesadelo favorito, de María Solar, recrearase o que acontece no laboratorio de que saíron Dinorrinco e Hipodrilo, para que os cativos e a ilustradora inventen novas criaturas resultantes de mesturar varios animais. Un obradoiro para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Actividade dentro das celebracións do Día da Ilustración, que se festexa o 30 de xaneiro.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día da Ilustración