Día da Ilustración

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Camilo Díaz Baliño: a xenialidade truncada

A Biblioteca de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) queren homenaxear no Día da Ilustración deste ano 2018 a Camilo Díaz Baliño (1889-1936). Para isto presentan unha nova mostra bibliográfica e un vídeo sobre o escenógrafo, pintor e debuxante galego.

A mostra está formada por 54 pezas. Libros, debuxos, documentos persoais, fotografías e manuscritos todos relacionados coa figura de Camilo Díaz Baliño. Todas estas pezas se custodian na Biblioteca de Galicia.

Estrutura (6 vitrinas):

1. Camilo Díaz Baliño

Galego

Día da Ilustración

Como cada ano, e coincidindo con aniversario do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. A xornada permite poñer en valor o traballo que realizan os ilustradores e as ilustradoras e dar a coñecer ao público a súa obra. 

Galego

Obradoiro de manualidades con tea

Co gallo do Día da Ilustración, que se conmemora o 30 de xaneiro polo aniversario do nacemento de Castelao, facemos un obradoiro de manualidades con tea co obxectivo de desenvolver a creatividade dos e das participantes.

Durante a actividade personalizamos bolsas de algodón cun deseño relacionado co mundo do libro e da lectura mediante o emprego de pintura téxtil, teas, feltros, abelorios, etc.

Galego

Debuxar polo conto: a ilustración na literatura infantil en Galicia

Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura 2018 é o Día da Ilustración, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao.

Como se vén facendo desde o ano pasado, este día, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, serve para homenaxear algún autor ou autora históricos galegos. O protagonista deste ano é Camilo Díaz Baliño.

Na sala infantil conmemoramos este día cunha mostra de contos ilustrados editados en Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día da Ilustración