Día da Ilustración

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Obradoiro de Collage Infantil

A través dun conto clásico os e as nenas ilustrarán con recortes de papel @s personaxes principais, así como a portada e construirán unha maqueta en forma de acordeón.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela precísase facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID 19, esta actividade cumplirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para el desenvolvemento dunha actividade segura e sin riscos, no marco da biblioteca.

Protocolo COVID-19:

Galego

Laboratorio zoo-ilóxico

Obradoiro baseado no libro ilustrado por María Lires, “O meu pesadelo favorito”, de María Solar no que recrearemos o que acontece no laboratorio do que saíron Dinorrinco e Hipodrilo, para que os cativos, as cativas e a ilustradora inventen novas criaturas resultantes de mesturar varios animais. Unha actividade moi divertida que disparará a súa imaxinación e o seu asombro.

Galego

Laboratorio zoo-ilóxico

Obradoiro baseado no libro ilustrado por María Lires “O meu pesadelo favorito” de María Solar no que recrearemos o que acontece no laboratorio do que saíron Dinorrinco e Hipodrilo, para que os cativos, as cativas e a ilustradora inventen novas criaturas resultantes de mesturar varios animais. Unha actividade moi divertida que disparará a súa imaxinación e o seu asombro.

Galego

Narrar en viñetas

Obradoiro no que o ilustrador Jorge Campos mostra ás pequenas e pequenos participantes algúns trucos para debuxar a súa propia historia de banda deseñada a través de diferentes exercicios, revisando referentes do cómic e resaltando o traballo das mulleres autoras de banda deseñada.

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Máximo 10 participantes.

Galego

Debuxando mundos desde aquí

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, a iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), para lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural.

Conmemorámolo con esta selección de obras da Literatura infantil e xuvenil ilustradas por profesionais galegos e galegas. 

Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.

Galego

Ler no ceo, pintar o mundo: a ilustración na literatura infantil galega

Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura é o Día da Ilustración, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao.

Neste día, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, homenáxease a algún autor histórico galego. O protagonista deste ano é Federico Ribas Montenegro (1890-1952).

Na sala infantil presentamos unha selección de obras ilustradas por profesionais galegos e galegas.

Galego

Zoo-illóxico

Un xirafante, un vacaleón, un ornitopito ou una cebraraña… Esas son algunhas das especies animais resultantes de mesturar na nosa imaxinación todos os animais que se nos ocorran. A ilustradora e autora de “Bechos Pequerrechos” e o “Animalario cotián entre irmáns” volve mergullarse na fauna neste obradoiro creativo no que o surrealismo é levado ao límite.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 60 minutos.

 

Galego

Scriptorium. A palabra convertida en arte

Conmemoramos o Día da Ilustración con este obradoiro no que coñecemos o labor dos monxes nun Scriptorium do Medievo como copistas de manuscritos.

Aprendemos sobre a confección de pergamiños, a tinta... e dos bancos dos copistas! Estudiamos a iluminación dos textos, as letras capitulares, e os ex libris que se podían atopar neles. Falamos da relevancia da lingua galega nesta época e da presencia de mulleres copistas e miniaturistas.

Convírtete en escriba por un día!

Para nenas e nenos de 8 a 14 anos. Máximo 30 participantes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Día da Ilustración