Detalle de premio

III Premio Literario Nortear

O premio literario Nortear - Novos Escritores Norte de Portugal - Galicia é unha iniciativa conxunta da Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria – Xunta de Galicia (España) e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal.

O premio ten como obxectivos:
a) Promover a aparición de novos escritores
b) Incentivar a produción de obras inéditas no ámbito da ficción
c) Incentivar a creatividade literaria entre os novos escritores residentes na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal
d) Destacar, anualmente, obras literarias orixinais
e) Promover a circulación e distribución de obras literarias mais aló das fronteiras.

Poden participar no premio Nortear todas as persoas con plena capacidade xurídica, nacidos e/ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos. 

O premio literario versará sobre o xénero de relato curto. Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e Galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega.

O premio terá unha dotación económica de dous mil euros (1.000€ por parte da Secretaría Xeral de Cultura e 1000€ por parte da Direção Regional de Cultura do Norte) para o/a vencedor/a. 

As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.

Os promotores ademais realizarán accións de divulgación das obras premiadas, mediante actuacións de lanzamento programadas en equipamentos culturais de Galicia e do Norte de Portugal.

O prazo de admisión das obras remata o día 30 de abril de 2017.

Prazo de presentación:
23 novembro, 2016 a 30 abril, 2017