Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Phoenix

Alemaña, 2014

Dirección: Christian Petzold. Intérpretes: Nina Hoss, Ronald Zehrfeld, Nina Kunzendorf, Michael Maertens. Dur.: 98'

Sinopse: Xuño de 1945. Nelly, unha sobrevivente de Auschwitz, regresa ao seu Berlín natal gravemente ferida, coa cara desfeita, acompañada por Lene, da Axencia Xudía e amiga súa antes da guerra.

Galego

Na outra beira das augas grandes

España, 1982-2015

Dirección e guión: Xabier P. Docampo
Intérpretes: Miguel Pernas, Maruchi Olmo, Uxía López González, Amparo Martínez Pereiro.
Duración: 26'

Sinopse: Isto é un acto de lembranza e xustiza que Xabier P. Docampo escribe para dar explicación do motivo de hai 33 anos, cando un grupo de persoas se uniron a una ilusión súa, cunha mestura de curiosidade e interese. Deste xeito, comezaron a facer unha película que,  segundo relata o autor, ao pouco víronse na obriga de parar...

Galego

Taxi Teherán

Irán, 2015

Dirección, guión e intérprete: Jafar Panahi.

Duración: 82'

Sinopse: Un taxi amarelo percorre as vibrantes e animadas rúas de Teherán onde os pasaxeiros falan co condutor con absoluta franqueza. Quen os está entrevistando non é outro que o director do filme, Jafar Panahi.

Galego

Vertixe

Estados Unidos, 1958

Dirección: Alfred Hitchcock. Intérpretes: James Stewart, Kim Novak, Barbara Bel Geddes, Tom Helmore. Dur.: 128'

Sinopse: Un detective de San Francisco, Scottie Ferguson, que sofre de vertixes recibe o encargo de seguir a Madeleine, a muller dun vello amigo. 

Galego

No todo es vigilia

España, Colombia, 2014

Dirección e guión: Hermes Paralluelo. Intérpretes: Felisa Lou, Antonio Paralluelo. Dur.: 98’

Sinopse: Unha parella de velliños pasan os días na casa, convivindo coa soidade e mais as súas doenzas, e enfrontándose á ameaza do seu inminente traslado a unha residencia. 

Galego

Os días afogados

España, 2015

Dirección: César Souto Vilanova e Luis Avilés Baquero. Dur.: 80’

Sinopse: Despois de 20 anos sepultada baixo as augas do encoro de Lindoso (Portugal), a aldea de Aceredo (Lobios, Ourense) quedaba ao descuberto a finais de 2012 debido á baixada inesperada do nivel da presa. 

Galego

Victoria

Alemaña, 2015

Dirección: Sebastian Schipper. Intérpretes: Laia Costa, Frederick Lau, Franz Rogowski, Burak Yigit. Dur.: 140'

Sinopse: No afamado barrio berlinés de Kreuzberg, a cámara é testemuña durante dúas horas de todo o que lle pasa a Victoria, unha moza española que acaba de se mudar a Berlín. 

Galego

Berlin Occidente

Estados Unidos, 1948

Dirección: Billy Wilder. Intérpretes: Jean Arthur, Marlene Dietrich, John Lund, Millard Mitchell. Dur.: 116'

Sinopse: Un comité de congresistas estadounidenses, entre os que se encontra Phoebe Frost, chega ao Berlín de 1947 para avaliar a moral das tropas en plena posguerra. 

Galego

Songs 28-29; American 30's song; Sexual meditations 1-6

Song 28 and Song 29 (Stan Brakhage, Estados Unidos, 1969/1986) 16 mm, 8'.
American 30's Song (Stan Brakhage, Estados Unidos, 1969), 8 mm, 35'.
Sexual Meditation #1: Motel (Stan Brakhage, Estados Unidos, 1972/1980) 16 mm, 6'.
Sexual Meditation: Room With View (Stan Brakhage, Estados Unidos, 1972) 16 mm, 4'.
Sexual Meditation: Faun's Room, Yale (Stan Brakhage, Estados Unidos, 1972) 16 mm, 3'.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual