Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Inevitable

Fabián e Mariela son a parella perfecta, el é executivo dun banco e ela ten unha consulta como psicóloga. A repentina morte dun compañeiro de traballo fai que Fabián busque refuxio nas teorías dun famoso escritor, as súas ideas converterano nun xoguete do destino.

Galego

A praia dos afogados

Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a beira. Se non tivese as mans atadas, Xusto Castelo sería outro dos fillos do mar que encontrou a súa tumba entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do falecido, o inspector Leo Caldas somerxerase no ambiente mariñeiro da vila, tratando de esclarecer o crime entre homes e mulleres que se resisten a desvelar as súas sospeitas e que, cando decidan falar, apuntarán nunha dirección inesperada.

Galego

Maimiño e o espello máxico

Maimiño é a historia dun pequeño mozo que quere sacar a súa familia da pobreza e decide marchar para a cidade xunto aos seus irmáns. Alí decátase de que un enorme carballo encantado ten o palacio do rei nas tebras e sen auga, e que o soberano prometeu outorgar en matrimonio a súa filla, a princesa, a quen logre cortar a árbore

Galego

Ciclo Amal en Ruta 2016

Proxectaranse dous documentais e tres longametraxes de ficción. O Festival de Cinema Amal, que significa esperanza en árabe-, naceu en 2002 co obxecto de traer a Galicia o mellor cinema árabe e este ciclo supón un percorrido polo mellor cinema árabe da actualidade?.

Desde os seus inicios, un dos principais propósitos de Amal foi organizar pequenos ciclos de cinema en multitude de lugares dentro e fóra de Galicia, como en Sevilla, Madrid, Barcelona, Córdoba ou mesmo Arxentina, cunha moi boa acollida polo público.

Proxeccións de películas

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual