Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

O fillo de Saúl

Auschwitz, 1944. Saul Auslander é un prisioneiro húngaro que traballa nun dos fornos crematorios de Auschwitz. É obrigado a queimar todos os cadáveres dos habitantes do seu propio pobo pero, facendo uso da súa moral, trata de salvar das chamas o corpo dun pequeño rapaz a quen el cre o seu fillo e buscar un rabino para poder enterralo decentemente.

Galego

Lobos sucios

Sinopse: No medio dunha atmosfera máxica, nunha mina explotada polos Nazis chamada a “cidade dos alemáns”, perdida nas montañas galegas e que tamén se usaba como cárcere, Lobos Sucios conta unha historia de supervivencia, espionaxe e amor.

Galego

DJ + Cine: The Commitments

A praza central do Gaiás acolle a segunda sesión de cine ao aire libre coa película The Commitments de Alan Parker, na que un mozo dun barrio proletario de Dublín tratará de alcanzar o seu soño: crear unha banda e levar o sou a súa cidade. Como previa, sesión DJ a cargo dePablo Electrocute. 

 

Entrada de balde.

 

Galego

Cantando a Manuel María

Contando cos testemuños de familiares, amigos e especialistas sobre Manuel María, faise un percorrido polas facetas máis interesantes da súa vida, para coñecer ao home e atopar así as chaves coas que afrontar a súa obra. O documental repara fundamentalmente paisaxe da súa vila natal, Outeiro de Rei, e tamén no resto da Terra Cha, así como na doutros espazos da súa biografía, como a paisaxe urbana da cidade da Coruña, para buscar tanto unha contemplación introspectiva ou poética, como para imaxinar e sentir os espazos que habitou e defendeu.

Galego

Cine de Verán 4x4

Un ano máis, Senunpeso, bota a andar o Cine de Verán ao aire libre por 4 parroquias do concello de Vedra, coa colaboración para todo o ciclo do Concello de Vedra e a A. C. Papaventos, e de diferentes asociacións nas parroquias. Tras a proxección de  Engurras, o 8 de xullo, tócalle a quenda a Frankenstein 04155, o 22 de xullo, en Santa Cruz de Ribadulla, na explanada da Estación (coa colaboración da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla).

Galego

Cine de Verán 4x4

Un ano máis, Senunpeso, bota a andar o Cine de Verán ao aire libre por 4 parroquias do concello de Vedra, coa colaboración para todo o ciclo do Concello de Vedra e a A. C. Papaventos, e de diferentes asociacións nas parroquias, este ano proxectaranse :
Engurras, o 8 de xullo, no Campo da Festa de Picón, en San Pedro de Vilanova (coa colaboración coa A. Veciños de Picón)

Galego

O Reiseñor

A Sala Mozart do Auditorio de Galicia acolle unha nova proxección de óperas do Festival Aix-en-Provence, 'O Reiseñor' de Igor Stravinski, conto lírico en tres actos con subtítulos en español. Conta coa colaboración de Ex-Machina e en coprodución coa Canadian Opera Company de Toronto, a Ópera National de Lyon e De Nederlandse Opera de Amsterdam.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual