Millarock
A localidade de Milladoiro acollerá un ano máis o festival Millarock, que chega á súa duodécima edición. O festival, organizado polo Concello de Ames e totalmente gratuíto, traslada este ano a súa localización para o anfiteatro da localidade. A data do evento será o próximo 30 de xuño e para esta edición a organización apostou por tres bandas galegas como son A Banda dá Loba, Eladio e os Seres Queridos e Fillas de Cassandra; así como o dúo barcelonés de rap underground As Ninyas do Roda.