XV Festival Nós de Sobradelo
A Asociación Cultural presentará o repertorio dos seus grupos oficiais e escolas de baile, canto, gaita e percusión. Ademáis, participará como grupo folclórico convidado A Barca de Loimil, de Arbo.

A Asociación Cultural presentará o repertorio dos seus grupos oficiais e escolas de baile, canto, gaita e percusión. Ademáis, participará como grupo folclórico convidado A Barca de Loimil, de Arbo.
O Concello de Nigrán estrea desde este venres 5 de Maio ao domingo 7 o seu primeiro festival ‘Vibra Gaifar’, adicado íntegramente a grupos con raigame no municipio e co apoio da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos. Así, Three Roosters, Moon Cresta, La Patrulla, Groovin Folks, Indiana, Cubo Metálico, The Mirror, San Rockers e Blue Monk protagonizan esta primeira edición no espazo municipal de Gaifar.
Un evento emblemático da loita antidroga que por fin regresa coa entrega dos Premios Nécora de Ouro para recoñecer e poñer en valor o traballo e os méritos sobresalientes de quen traballa no combate ao narcotráfico e as adiccións.
O lendario músico, coñecido popularmente como The Modfather, confirma as datas da súa nova xira europea con 4 paradas no noso país, entre as que estará a súa actuación en Vigo o 16 Setembro como cabeza de cartel do Festival Underfest SON Estrela Galicia.
O Festival Ou Peregrino é un evento musical, deportivo e cultural que se celebra en Noia (A Coruña) o 19 de agosto.
Conta con zona deportiva, musical e zona con tendas, hostalería, exhibicións, etc.
É un evento que vai dirixido a persoas de 16 a 40 anos, vinculadas á estética urbana do deporte e a música.
Por outra banda o festival aposta pola creatividade potenciando diferentes disciplinas e dotando das mellores infraestruturas para concertos e espectáculos audiovisuais.
Volve o Festival 981UNITED para celebrar 10 anos apoiando ás bandas locais da cidade.
Nesta edición o cartel está formado por CELESTE, unha das bandas máis rompedoras de 2022 que arrasaron todos os festivais europeos.
Estarán aos acompañar as dúas bandas máis representativas do Hardcore nacional como son ANAL HARD e PROUDZ ademais doutras dúas bandas nacionais como son CORROSIVE que chegan con disco novo debaixo do brazo e THE BROKEN HORIZON que inaugurarán o seu ano de concertos na nosa cidade.
O XXI Festival Intercentros 2023 terá a súa anual gala solidaria, o venres 31 de marzo, a partir das 17:00 h., no Coliseum, a favor de Fundación Amigó e Entreculturas. Esta actividade, educativa, musical e solidaria, está patrocinada polo Excelentísimo Concello da Coruña, convocando aos centros educativos da nosa cidade. Durante toda a tarde colleitaremos, tamén, alimentos para Fundación Amigó. Todos estamos convidados a asistir e a colaborar por unha gran causa.
O festival das artes inclusivas Diversidarte, unha iniciativa da Asociación Poten100mos que dende o ano 2016 leva apoiado a máis de 400 artistas en diferentes situacións de vulnerabilidade, chega ao Pazo da Cultura coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música (CMUS) do Concello de Carballo.
O domingo 26 de marzo gozaremos no auditorio das actuacións de Ensemble SuperArte e Coro Infantil do proxecto inclusivo do Conservatorio Profesional de Música da Coruña. A actuación está aberta a todo o público ata completar capacidade.
O Morriña Festival 2023 celebrarase os días 28 e 29 de xullo. É a súa terceira edición e o cartel está pendente de anunciar.
Na pasada edición de 2022 actuaron bandas como Maluma, Ozuna, Franz Ferdinand, Black Eyed Peas, Duki, Xoel López, Lola Indigo, Viva Suecia, Vega, Crystal Fighters, Lost Frequencies, Funzo & Baby Loud, Belén Aguilera.
O Touliña Pop Festival 2023 celébrase o sábado 13 de maio na localidade coruñesa de Sada.
Avance Cartel Touliña Pop Festival 2023:
Os Torontos, Radio Days, The Smoggers e The Neatbeats.
A banda de rhythm and beat The Neatbeats chegan cos temas do seu último disco ata o momento; "Operation the Beat".
The Neatbeats formáronse en Osaka (Xapón) en 1997 e nos seus 25 anos de traxectoria levan editados unha decena de traballos discográficos.