Festival Fenerock
Un novo FeneRock para 2022, e van 19. O festival crece cada ano e vai gañándose o respecto dos seus seguidores, con artistas rock da escena nacional e galega
Un novo FeneRock para 2022, e van 19. O festival crece cada ano e vai gañándose o respecto dos seus seguidores, con artistas rock da escena nacional e galega
Festival que se celebra en seis salgas de concertos da Coruña con 16 concertos exclusivos de diversos artistas da escena galega.
Na Chaira Joaquín García Picher, música en directo e comida e bebida a prezos populares.
Novo festival en Portomarín, con zona gastro, zona infantil, actividades e música en directo de diversos estilos.
Concertos Na Fin Do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación do Xacobeo 21·22, que terá lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes recunchos da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para a ocasión que che permitirán gozar de actuacións irrepetibles. Concertos na Fin do Mundo fusionará patrimonio, paisaxe, cultura e música, para ofrecer ao público unha experiencia única para os cinco sentidos.
PICNIC sesións é un proxecto sociocultural da asociación sen ánimo de lucro LIDEIRAS, que ten como obxectivo que a parroquia de Saiáns teña a súa propia festa no verán. Para conseguilo, levaremos a cabo unha serie de eventos e actividades para recadar fondos que servirán para financiar o devandito festival. Natureza, Cultura e Comunidade son os tres alicerces que sustentan o proxecto. Queremos un formato de festa familiar, de día, con actividades para todos os públicos, que nos represente como comunidade e póñanos en valor.
Un dos eventos con máis afluencia do ano e un festival sempre cheo de sorpresas na capital compostelá. Primeiro festival galego en gañar nos European Festival Awards o galardón ao Mellor Festival Euopeo en Interiores.
Nigrán acolle o 10 e 11 de setembro o III Festival de Percusión Afrobrasileira “Apertuke”, organizado pola Asociación de Percusionistas e Tamborileir@s APERTA coa colaboración do Concello de Nigrán e da Deputación de Pontevedra.
Durante dous días Panxón encherase de concertos, batucadas, obradoiros de percusión, obradoiros infantís, pasarrúas, circo e animación de rúa. Tódalas actividades, agás o obradoiro de percusión, son de balde e terán lugar no complexo deportivo municipal “Dunas de Gaifar” en Panxón. No recinto haberá tamén barra, postos de comida e postos de artesanía. O obxectivo do Apertuke é ofrecer un evento próximo, igualitario, participativo, social, horizontal, aberto, educativo, respectuoso coas persoas e respectuoso co medio ambiente.
Tódalas actividades, agás o obradoiro, son de balde
A vida cabe nun libro. E os mares tamén; aventuras imaxinarias, historias reais de viaxeiros que se enfrontaron ao mar, lendas de mariñeiros, contos para nenos (e non tan nenos)…
O océano, fonte de vida imprescindible, atopa no Festival Mar de Mares unha plataforma multidisciplinar desde a que celebrar a súa riqueza, pero tamén desde a que alertar dos perigos que axexan ao que é o maior ecosistema do planeta.