Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Sons D'Ardora

O Concello de Nigrán estrea o 26 de Agosto en Praia América un novo festival: Sons D'Ardora, adicado a música máis vangardista dentro da tradición galega e lusófona. Así, a partir das 18:00 horas e ata ás 22:30 horas subirán ao escenario do campo de fútbol de Lourido Aparato, Mónica de Nut e Virxilio Da Silva, María Soa, Sekadra, Marta Sempre Arriba, Jara Ortiz, Tropical Boy e Dimi Ferreira. A actriz e monologuista galega Arantxa Treus presentará este evento gratuíto que nace coa intención de promover a música de raíz que bebe da modernidade.

Galego

ValMiñor Fest

As principais marcas de cervexa artesana de toda España volven a protagonizar desde este xoves 18 de agosto e ata o domingo 21 na Alameda de A Ramallosa (Nigrán) o ‘Val Miñor Fest’, o primeiro festival deste tipo de toda a comarca e que reunirá a cifra record de 90 tipos de bebidas. A gran novidade desta sexta edición é a volta ao formato pre-pandemia con zona de xogos populares, concertos a diario, obradoiros, sesións beer-mú e food-trucks.

Galego

Parrulas Fest

O Concello de Nigrán ofrece desde o mércores 3 ao sábado 6 de agosto a terceira edición do Parrulas Fest no esteiro de A Foz da Ramallosa, festival producido desde a cooperativa Charlatana e dirixido a público infantil e familiar. Nesta ocasión, a cita contará con 6 das mellores

Galego

Nigrán Jazz

O Concello de Nigrán celebra o 29 e 30 de Xullo o XVI Nigranjazz no espectacular escenario ao aire libre do esteiro de A Foz coa presencia dos músicos con maior proxección internacional e na que será, ata a data, a súa edición máis feminina. Así, tres das catro formacións invitadas están lideradas por mulleres: a pianista catalá Lucía Fumero, a guitarrista e compositora letona Ella Zirina e a cantante Eve Cornelius, bandas ás que se suma o guitarrista franco- galego Wilfried Wilde (que tamén conta con mulleres no seu quintento).

Galego

Sona Gaifar

Sona Gaifar, é o ciclo de concertos e sesións de DJ que naceu o pasado verán en Nigrán como unha proposta dedicada á música electrónica e outros estilos fronteirizos. Este ano, transfórmase nun formato de minifestival de dous días, condensados nunha mesma fin de semana.

Galego

Sons de Curuxeiras

Na comarca de Ferrolterra, a Xunta de Galicia vai financiar e apoiar preto dunha decena de espectáculos, moitos deles con artistas de fama nacional como os de Coque Malla (o 26 de agosto, no paseo de Xuvia de Narón) ou Rozalén (na mesma data na praza de Armas de Ferrol), pero tamén internacional como o grupo irlandés Wolfstone ou o escocés Talisk.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival