Latitudes Festival 2022
sta primeira edición do festival Latitudes celebrarase os días 19 e 20 de agosto e contará coa presenza como cabeza de cartel do lendario rockeiro e padriño do punk rock, Iggy Pop.

sta primeira edición do festival Latitudes celebrarase os días 19 e 20 de agosto e contará coa presenza como cabeza de cartel do lendario rockeiro e padriño do punk rock, Iggy Pop.
Chaleco Reflector
Tras varios concertos en compaña desta formación, e ao mirar a acollida recibida por parte do seu público, a banda embarcouse na que sería a súa primeira aventura, a primeira maqueta (10 cancións propias).
Desde entón, pasaron por distintos escenarios como Vilavella (2018), finalistas no Concurso de maquetas do Festival Millo Verde (2018) ou o Entroido de Verán de Redondela (2019) tentando, aos poucos crecer para facerse un sitio nos reprodutores do seu público.
Grande Amore
O festival FOLK NA BEIRA DO SAR trae unha xornada de cultura e convivencia no Camiño da Prata pensada para desfrutar da música, a gastronomía, a arte e a literatura. Un completo programa de actividades que culminarán cun gran fin de festa a cargo de Carlos Núñez.
Encordass Fiddle Fest é un festival especializado na música de corda. Co violín como fío condutor, explora as conexións da música popular e de raíz en diferentes culturas, fusionando artistas internacionais con música galega nun espazo natural tan especial como é a Illa de San Simón.
É un evento que achega o violín ao público, desmontando o tópico social que relega este instrumento á esfera formal da música clásica. Encordass Fiddle Fest chega para demostrar que o violín é accesible, plural, versátil, divertido, fiestero e, por suposto, festivalero!
Nova edición de Animatrón en 2022 dentro da programación cultural de verán do concello de Pontevedra; Animatrón ofrece horas de diversión aos máis pequenos con talleres temáticos, xogos populares, olimpíadas, animación, zancudos, pallasos, monociclistas entre outras.
A Cidade da Cultura acolle a quinta edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que as formacións participantes interpretarán durante vinte minutos o repertorio elixido para a ocasión. Como habitualmente, o Festival rematará cunha emocionante actuación conxunta de todas as agrupacións, que interpretarán na praza central o Himno Galego.
O Festival de música Son As Pontes é unha proposta artística e pedagóxica que se centra na realización de concertos e clases maxistrais entre os días 9 e 14 de xullo do ano 2022.
Os recitais levasen a cabo grazas aos artistas invitados, aos alumnos seleccionados que participarán no ciclo de novas promesas e que terán á súa disposición un pianista acompañante, o ciclo de cámara no que os alumnos máis avantaxados poderán compartir atril cos profesores do certame, e finalmente o concerto da orquestra do festival.
Talleres de baile, xogos tradicionais, música en directo. Narahío viu pasar sobre o seu escenario a artistas como Tiruleque ou Mekánika Rolling Band.
Mar de Blues nace para facer da Guarda un lugar con atractivo culturalmente ao redor da música en directo.
O festival terá lugar na Praza do Reló, aos pés da torre que formaba parte da antiga muralla medieval que foi reconstruída en 1730. Sen dúbida, un recuncho cheo de maxia para gozar do Blues, Soul...
Marcos Coll é un dos máximos representantes do Blues nacional e internacional. Ademais, é fundador xunto a Adrián Costa do mítico Os Reyes do KO. Un músico que colabora con innumerables bandas gravando discos ou subíndose ao escenario con eles.
Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 regresa coas pilas ben cargadas e con moitas gañas de facerche gozar do verán. A segunda edición deste festival conta de novo co apoio da Xunta de Galicia e de Estrella Galicia para o seu desenvolvemento e ofrecerá unha completa programación con medio cento de actividades entre os meses de xuño e setembro.CERTAMES XENERASONDesde Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 seguimos apostando polo talento da terra.