Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Festival das artes escénicas- AceescArte, un espectáculo de teatro, canto e baile

Programa Acescatro teatro:

Inicio, un xogo de expresión corporal.

Pachulaeu, unha obra orixinal de Mónica Domínguez. É unha comedia onde a acción transcorre nun restaurante. Os seus protagonistas son os empregados e os clientes que van chegando.

Cabauñas, unha adaptación en sobras do libro de Margarita do Mazo Fernández.

  

Programa Aceescafolk:

Canto e baile galego.

Baile moderno, Nochentera.

Galego

Festival Vive Nigrán: Nada Surf

Nada Surf é unha banda de rock alternativo formado en 1992 en Nova York, integrado por Matthew Caws (guitarra e voz), Daniel Lorca, (baixo e voz), Doug Gillard, (guitarra) e Ira Elliot (batería e voz). A banda obtivo o seu recoñecemento mundial grazas a «Popular» do álbum High/Low (1996).

O grupo formouse en 1992  con Matthew Caws, Daniel Lorca e outro batería, que abandonou o proxecto tras a gravación das demos para o primeiro disco, High/Low. Este foi substituído por Ira Elliot, exbatería de The Fuzztones, consolidando así a formación que se mantén ata hoxe.

Galego

Napalm Fest: Southern Edition

Un ano mais celébrase o festival independente e sen ánimo de lucro de Rock/Metal/HxC Napalm Fest.

O vindeiro 20 de Maio ás 20:30h a Sala Rebullón alumeará de novo o underground dunha nova edición do Napalm Fest que leva o nome de Southern Edition, e contara con bandas como Perpetual, Nasty Surgeons, Incordian, No Chillin' Siesta Boys e a súa ultima confirmación, Unathuosänd.
 

Galego

Festival Internacional de Monicreques

Este ano os seus organizadores queren volver traer ás rúas do pobo un programa intenso cheo de arte e teatro, para así coroar a Redondela como a capital dos monicreques. Para iso contarán coa participación de máis de 26 compañías procedentes de países como Estados Unidos, Brasil, Francia, Italia, Bélxica, Cataluña, Madrid, Murcia ou Andalucía, ademais dunha importante representación galega con Tanxarina Monicreques, Cachirulo Monicreques, Spaguetti Monicreques e Monicreques Alakrán.

Galego

A Ferror Party: Músculo! + Rayoteaser + Chicharrón + Carlos Risco

Ferror Records e Esquío suman forzas nun evento que marca a primeira edición das All Ferror Parties, unha experiencia policromática, na que poderemos sentir o magma cibernético de Músculo!, presentando “Ulla”, o seu novo LP, co que abren camiño cara á excelencia dun son onde converxen Caribou, My Bloody Valentine e Talking Heads. Así mesmo, recibiremos as inconfundibles descargas synthpop de Rayoteaser e o comezo dunha nova etapa en Chicharrón, cunha proposta que abre camiño a través de cancións de sangue e folk, sons atlánticos e pulsións alfarianas.

Galego

2023 The last fuck!- Display of power + Perpetual + Northslave + Santiago D.C.

Non te perdas a última e definitiva edición do festival anual FUCK YOU! na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Este ano abriranse as portas ás 20:00h para comezar a festa coa banda local Northslave tocando o q será o seu primeiro álbum, daquela os coruñeses Perpetual co seu último lanzamento Memento Mori, e pechando con DISPLAY OF POWER (homenaxe a Pantera) na súa xira de despedida tras 21 anos en activo.

Galego

Festival Moska Rock

A asociación MoSka Rock en colaboración coa Comunidade de Montes de Tameiga organizan a I edición do festival MoSkaRock o próximo 13 de maio a partir das 18:00 horas na Sala Rebullón. Nesta edición contamos cun cartel de 5 grupos emerxentes de diferentes zonas de Galicia: TNT Band, TIAM Gz, Substanciados, Liberade ao Kraken e Arquivo Adxunto. Haberá barra de copas con prezos populares, postos de comida e zona de merch para o festival e as bandas. Entradas xa á venda na web Vivetix.com e Cantina As pedriñas cun prezo de 10€ anticipada e 15€ en despacho de billetes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival