Revolta Do Umia 2023
O festival A Revolta do Umia, que se celebra na aldea pontevedresa de Vilar de Matogueira, xa ten data para a súa próxima edición. A música volverá invadir as rúas deste pequeno núcleo rural os días 25 e 26 de agosto, pero haberá moitas actividades máis, como talleres de cerámica, de percusión ou proxeccións de curtametraxes, ademais dunha zona de acampada para os asistentes.

