Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Falstaff

A estrea galega da ópera 'Faltstaff' ofrece unha versión semisescenificada que conta co xenial barítono-baixo Bryn Terfel encarnando a Sir John Falstaff.

O reparto internacional conta con outras grandes voces como son as sopranos Ainhoa Arteta e Ruth Iniesta, a mezzo Marianne Cornetti, o barítono Juan Jesús Rodríguez ou os tenores Francisco Corujo e Mikeldi Atxandalabaso.

Galego

Entre tenores

Ópera, zarzuela, música latina, boleros, pop, folk... unha sensacional selección de grandes temas da historia da música conforman o repertorio do concerto 'Entre Tenores'.

 Sobre o escenario Lorenzo Moncloa, Víctor Díaz, José Antonio Moreno e Ricardo Bernal, catro prestixiosos tenores que coa súa fusión de voces farán que gocedes de temas clásicos e grandes éxitos de diferentes estilos ao máis puro estilo Il Divo. Todos eles, versionados ao piano por César Belda.

Galego

Vox Stellae

O grupo Vox Stellae presenta o seu novo traballo arredor do patrimonio musical das catedrais galegas, no que recupera obras dos libros de polifonías e canto chan de García Benayas (século XVIII), mestre de capela  da sé de Tui.

Galego

Paseo polo Camiño Sonoro

Un plan para deixarse levar pola historia da cidade e acabar gozando dun concerto ao aire libre.

O Paseo polo Camiño Sonoro comeza ás 18 horas dende a Oficina Municipal de Turismo (Praza do Campo). O concerto será na Ponte Romana ás 20 horas e terá como protagonista un cuarteto clásico. 

Galego

La Xácara

Julia Cea, canto
Víctor Illán, guitarra barroca
Valentín Novio, tiorba e guitarra barroca
Ramón Pérez-Sindín, cravo
Pablo Ruibal, viola da gamba

Galego

Le Miroir de Musique

Baixo este suxestivo título, o programa Espazos Sonoros fai un percorrido polas diferentes sonoridades vocais e instrumentais que se desenvolveron en Francia entre os séculos XII e XIV e trata de ilustrar musicalmente a metamorfose que, neste período, se produciu con respecto á concepción do amor humano.

Para iso, o repertorio escollido toma como punto de partida a obra dos trobadores, poetas-músicos orixinarios do sur de Francia, inventores dun novo tipo de lírica profana que axudaría a codificar as normas do denominado amor cortés.

Galego

Presentación do disco Sexercise

 A formación liderada polo cantante e guitarrista Adíán Costa consegue dar unha volta ao sonido dos anos 60 e recréarase unha espiral de influencias. Dende o son de Nova Orleáns ata os primeiros The Kinks, sen esquecer as súas reministencias latinas. Unha banda con gran carácter vocal sen reparo a mezclar equipos de válvulas sintetizadoras.Como eles mesmos se definen
Modern Vintage.

Galego

Real Filharmonía de Galicia con alumnado da EAEM

Como colofón ao ano académico do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), varios alumnos do centro, seleccionados polo seu nivel de excelencia, participan como solistas nun concerto coa Real Filharmonía de Galicia.

A entrada é gratuíta, previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal (de 18:00 a 21:00 horas, de martes a sábado) ou no propio auditorio unha hora antes do inicio do concerto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica