Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto do Trío Lorca

O Trío Lorca nace en 2008 como Trío Mozart de Deloitte, baixo os auspicios da Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid, onde traballa tutelado por Marta Gulyas e Luis Fernando Pérez.
En 2009, é galardoado en Bilbao co Primeiro Premio do Concurso Permanente de Novos Intérpretes de Mocidades Musicais de España. No seu periplo pola Escola Reina Sofía foi nomeado o grupo máis sobresaínte da cátedra de música de cámara. En 2011 converteuse no artista residente do Auditori de l’Ateneu de Banyoles (Xirona).

Galego

2naFronteira: A voz da pedra

A cantante arraiana do Couto Mixto Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli forman o dúo 2naFronteira no 2008 en Italia. Alí gravan o seu primeiro disco e dan concertos entre Italia e España. 
De volta en Galicia, no 2013, publican ALMA, cunha grande acollida de público e crítica. E no 2014, chega Zapatiños para Díaz Castro, que ten unha notable repercusión nos medios. Ambos discos foron presentados en Culturgal (2013 e 2014) e dan numerosos concertos.

Galego

Concerto de Ensemble Hotteterre

O grupo está formado por Paulo Gonçalves (gaita de fole); Ánxela Vidal (gaita de fole); Xurxo Fernández (gaita de fole) e Miguel Bellas (tiorba). Ensemble Hotteterre dedícase ao estudo e interpretación do repertorio historico-erudito da gaita de fol anterior a 1800. Toma o nome deste insigne compositor, gaiteiro, frautista, construtor de instrumentos, do s.XVIII.

Galego

Stephen Kovacevich e Pablo Galdo

O concerto é a actividade de presentación da Asociación Música Clásica de Galicia, formada neste 2015.

Esta actuación inaugural está interpretado por Stephen Kovacevich -considerado como un dos máis grandes pianistas do século XX-, e oprestixioso pianista internacional galego Pablo Galdo.

Ademais das obras de piano só que interpretará Kovacevich, ambos pianistas interpretarán obras para dous pianos.

Galego

Camerata Arven

Camerata Arven é un conxunto de recente creación nacido en Galicia. Está formada por músicos profesionais con experiencia no mundo da interpretación e a docencia, e aos que lles une ante todo a súa paixón pola música.

A formación interpretará dúas das grandes obras compostas para conxunto de corda e vento como son o Noneto en Fa maior op. 31, de Louis Spohr, e o Octeto de Fa maior D 803, de Franz Schubert.

Este concerto enmárcase nas actividades de celebración do Día da Biblioteca, que se festexa o 24 de outubro.

Galego

Concerto do Cuarteto de corda Brentano

Desde a súa orixe en 1992, o Cuarteto de Corda Brentano distinguiuse pola súa brillantez técnica, o seu coñecemento musical e a súa elegancia estilística. Gañadores de numerosos premios desde os seus inicios, destaca ser galardoado co Royal Philharmonic Society Music Award polo debut máis espectacular en Reino Unido 1997. O Cuarteto foi primeiro cuarteto residente na Universidade de Nova York desde 1995 ou na Universidade de Princeton en 1999. Desde 2014, o Cuarteto de Corda Brentano é o novo cuarteto residente na Yale School of Music, sucedendo ao Cuarteto de Corda de Tokio.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica