OSG dirixida por Leif Segerstam
Leif Segerstam toma a batuta neste concerto que a orquestra ofrece o 20 de outubro.
Cita para non deixar escapar para os amantes da clásica.
Prezo: 15 euros. Entradas de socio, só na billeteira do Teatro Jofre.

Leif Segerstam toma a batuta neste concerto que a orquestra ofrece o 20 de outubro.
Cita para non deixar escapar para os amantes da clásica.
Prezo: 15 euros. Entradas de socio, só na billeteira do Teatro Jofre.
Concerto de inauguración da tempada da Real Filharmonía de Galicia co programa de estrea de Pasaxes do compositor galego Fernando Buide con textos de Gonzalo Hermo e Edward Thomas.
Isabella Gaudí, soprano
Paul Daniel, director
Nesta ocasión, a OSG será dirixida polo israelí Guy Braunstein que tamén tocará o violín.
Con esta actuación inaugúrase a tempada de música clásica de Afundación na cidade de Vigo. Nela, a agrupación sinfónica, interpretará The Lark Ascending de Ralph Vaughan Williams (1872-1958), Havanaise de Camille Saint-Saëns (1835-1921) con arranxo de Walter, o cuarteto de corda 1905 de Anton Webern (1883-1945) e arranxo de C.Poppen, ademais de Trío, op. 8 de Johannes Brahms (1833-1897) e arranxo de Ben-Ari.
A ópera de Verdi que foi estreada na Scala de Milán en 1842 chega agora a Vigo.
Nesta ocasión toman o escenario para representar 'Nabucco', Luis Cansino (barítono), Maribel Ortega (soprano), José A. García (baixo), María Luisa Corbacho (mezzosoprano), Javier Agulló (tenor), Ángel Rodríguez (baixo), Pablo Carballido (tenor) e Marina Penas (soprano).
A recoñecida formación galega ofrece a súa proposta de música clásica dentro do 'Ciclo Enclave de Cámara', o vindeiro 6 de outubro.
A cita é no Teatro Principal de Ourense. As entradas teñen un prezo de entre 5 e 8 euros, segundo a zona. Pódense mercalr no propio teatro (o día previo á función de 12 a 14 horas e o mesmo día do concerto de 12 a 14 horas e dende dúas horas do comezo) e tamén estarán á venda na Internet (ataquilla).
A Sinfónica de Galicia ofrece unha nova cita coa música clásica, coa colaboración do violinista Frank Peter Zimmermann.
As entradas fóra de abono van dende os 6,30 aos 27,50 euros. Ademais de na Internet, podes adquirir a túa entrada a través do Servizo de Venda de Entradas de Abanca e no teléfono 902 43 44 43, na billeteira da Praza de Ourense (de luns a venres -agás festivos- de 9.30 a 13 horas e de 16.30 a 19.30 horas) e na billeteira do Pazo da Ópera (o mesmo día do concerto de 11 a 14 horas e de 17 ata o comezo da función).
A Real Filharmonía volve ao escenario ferrolán para debullar o seu reportorio de música clásica.
Concerto organizado pola Sociedad Filarmónica Ferrolana. Entradas de socio só disponibles na billeteira do propio teatro.
A Real Filharmonía de Galicia vai celebrar esta semana tres concertos nos centros socioculturais de Vite, Santa Marta e Fontiñas.
Estas actuacións, que serán gratuítas ata completar o aforo, buscan achegar a RFG e a música clásica a novos públicos.
A primeira cita será o mércores no centro de Vite (que este ano celebra o seu 25º aniversario), o xoves en Santa Marta (sala Agustín Magán) e o venres en Fontiñas.
O MARCO súmase á rede de museos e centros que retransmitirán en directo a óperaOtello, de Giuseppe Verdi, dende o Teatro Real, con motivo da celebración do seu bicentenario. A entrada é gratuita ata completar un aforo máximo de 90 persoas sentadas. As entradas repartiranse directamente en taquilla a partir das 19.30 ata completar aforo.
Duración aproximada: 3 horas
Pausa de 25 minutos
Nova produción do Teatro Real, en coprodución con English National Opera eKungliga Operan de Estocolmo.
Intercalaranse charlas interactivas con pezas musicais nas que colaborarán nenos e nenas no escenario. Farase un recorrido explicativo polas cidades máis importantes da música en Europa: Viena, Salzburgo, Venecia, Cremona… e tamén se falará dos compositores: Mozart, Vivaldi, Beethoven, Haydn… interpretaranse as súas obras, contaranse anécdotas interesantes das súas vidas… establecerase un diálogo interactivo entre os participantes e os músicos.