Concerto didáctico a cargo do grupo Campo das estrelas
Intercalaranse charlas interactivas con pezas musicais nas que colaborarán nenos e nenas no escenario. Farase un percorrido explicativo polas cidades máis importantes da música en Europa: Viena, Salzburgo, Venecia, Cremona… e tamén se falará dos compositores: Mozart, Vivaldi, Beethoven, Haydn… interpretaranse as súas obras, contaranse anécdotas interesantes das súas vidas… establecerase un diálogo interactivo entre os participantes e os músicos.

