Zoar Ensemble
Zoar é un conxunto de cámara estable e activo que traballa desde 2009. Creceu en busca dun estilo propio definido pola orixinalidade dos seus proxectos, unha aposta decidida pola nova creación, a colaboración con outros artistas e a realización de proxectos pedagóxicos de calidade. a súa actividade a todos os públicos. As colaboracións con outros artistas inclúen proxectos con Kukas Puppets, co escritor Manuel Rivas, ou o beatboxer Carlos Vidal 'Lytos' no proxecto Windbox. En 2014 foron convidados como solistas á Gaos Orchestra e en 2015 á VintEnsemble.