Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Orquesta Clásica de Vigo

O recital terá lugar ás 19:30 horas nos Xardíns Históricos do Pazo de Castrelos. A capacidade será de 200 persoas. Todos eles estarán sentados e deberán levar unha máscara durante toda a actuación. As portas abriranse ás 19:00 horas na entrada principal do Pazo de Castrelos. A duración aproximada do concerto será de 60 minutos. Será un concerto moi diferente tamén para os membros do grupo vigués. A Orquestra Clásica ofrecerá a actuación mantendo a distancia entre os instrumentistas, que levarán máscaras na medida das posibilidades do seu instrumento.

Galego

Día Europeo da Música- Música para camiñantes: Grupo de clarinetes da Banda de Música de Santiago de Compostela

Baixo o lema Música para Camiñantes, o 21 de xuño celébrase o Día Europeo da Música con concertos ao aire libre de diversos estilos en distintos lugares e escenarios de Compostela. Música para escoitar mentres se pasea a modo de banda sonora.

As actuacións evitarán a concentración de público que poderá ir desplazándose de cita en cita.

GRUPO DE CLARINETES DA BMSC

12.00 h_ Praza Roxa

Obras de Mozart, Grundman, H. Mancini, B. Goodman, S. Joplin e G. Baudot

Galego

Miradas: Elgar + Mendelssohn

Finalizamos a primeira metade da tempada cunha mirada a dous autores de xeracións e estilos distintas que beberon da mesma fonte: Leipzig. O centro panxermánico do coñecemento do século XIX que seguiu sorprendendo e encandeando a autores xa entrado o século XX.

Este concerto busca servir de homenaxe indirecta á figura de Beethoven. Tanto Mendelssohn como Elgar son autores que tiveron sempre en mente as sinfonías de Beethoven, autor do que se celebra este ano o 250 aniversario do seu nacemento e queremos ter presente durante toda a tempada.

Programa:

Galego

Na Calzada: Aida Saco Beiroa, Ronseis do tempo - Músicas a carón da Mosqueira

Alumna dos prestixiosos pianistas Josep Mª Colom no Conservatori del Liceu e Maurizio Morettina Schola Cantorum de París, inicia a súa formación musical a unha idade temperá e finaliza o grao profesional de Piano coas máximas cualificacións. Asiste a cursos e clases maxistrais con recoñecidos mestres e pianistas como Elena Orobio, Akiko Ebi, José Enrique Bagaría e Alexander Gold. Ten participado como pianista concertista en numerosos ciclos e eventos musicais tanto de carácter colectivo como solista.

Galego

A Paixón segundo San Xoan

Unha das máis monumentáis e conmovedoras obras do barroco, creada polo “pai da música” Johann Sebastian Bach. Por fin poderemos escoitala en directo a cargo da Orquestra barroca Vigo 430 dirixida por Lina Tur Bonet e acompañados polo Coro de Cámara Rías Baixas e un gran elenco de cantantes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica