Paul Gay/ Maciej Pikulski
O baixo-barítono Paul Gay e o pianista Maciej Pikulski presentan un programa con obras dos compositores F. Schubert, F. Liszt, Henri Dupare e Maurice Ravel.
Paul Gay – baixo-barítono
Maciej Pikulski – piano

O baixo-barítono Paul Gay e o pianista Maciej Pikulski presentan un programa con obras dos compositores F. Schubert, F. Liszt, Henri Dupare e Maurice Ravel.
Paul Gay – baixo-barítono
Maciej Pikulski – piano
O tenor Manuel Gómez Ruiz e o Trío Arbós abren a XXI edición do Ciclo de Lied.
Manuel Gómez Ruiz, tenor.
Trío Arbós
Cecilia Bercovich, violín.
José Miguel Gómez, violonchelo.
Juan Carlos Garvayo, piano.
Nace en 1848 como centro de formación de instrumentistas á que acudiron durante moitos anos os nenos acollidos na Casa Hospicio. Foi agrupación de afeccionados ata 1876 cando o Concello decide facerse cargo dela e comeza a profesionalizarse redactándose un regulamento para o seu funcionamento. Actualmente realiza os seus concertos no Teatro Principal e na Rúa do Vilar, praza da Quintana, Alameda e outros lugares da cidade na temporada de verán.
Colectivo flexible que integra solistas de importante traxectoria no ámbito da música contemporánea en Galicia e Portugal, Vertixe Sonora Ensemble favorece un espazo aberto á reflexión, discusión e intercambio na música contemporánea. Está formado por artistas sonoros, artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e a danza cunha común vontade por desenvolver propostas musicais cunha perspectiva artística global que atopan na procura da excelencia artística e no forte compromiso coa música e os creadores do noso tempo a súa razón de ser.
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava. Solista: Raquel Carrera Álvarez.
Función musical, que conecta teatro, imaxes, ópera, xestos e emocións coa música instrumental que desta tradición inspirouse durante séculos. Volver captar, recoñecer e gozar das ideas e das emocións “escondidas” na linguaxe aparentemente crítico que nos deixan os instrumentos.
Pablo Paz dirixiu obras de teatro como The Compromiso Party de Yani Pérez no Leela NYC (Festival de Nova York), Mujeres, a parte de atrás, 1095 ou Princesas busconas.
Dirixiu a webserie A soas con Chola e as curtametraxes O Círculo e Acuse de recibo.
Actor en televisión (Amar en tempos revoltos, Gran Hotel ou Eu son Bea) en cinema (O baile de San Juan, Reevolution) e en teatro (Don´t miss the bout, Ai Carmela, o musical, Polos Pelos, Aguias no xardín, Humor tántrico, Cal é a súa graza).
Protagonista da Calderona, coprodución do Festival de Almagro 2017.
Actuación enmarcada dentro ciclo de concertos do Concello en Villa Solita e o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Toralla, que se celebrarán durante os meses de agosto e setembro.
Con este concerto, orixinalmente concibido para tres instrumentistas, Sabine Lutzenberger, voz, Elizabeth Rumsey, fídula e Brett Leighton, órgano, o ciclo De Lugares e Órganos sumábase ás actividades do Ano Van Eyck.
Rosanne Philippens é unha comunicadora extraordinaria, cunha musicalidade innata e un enfoque contaxiosamente alegre pero sincero á hora de facer música. Ten unha gran presenza nos Países Baixos, onde actúa regularmente nas principais salas e ciclos como solista e músico de cámara. Tamén é unha gran directora e recentemente fixo o seu debut coa Orquestra Nacional de Lyon nunha actuación chea de éxito, coas Estacións de Vivaldi e Piazzolla, no Auditorio de Lyon, que recibiu os maiores eloxios.