Clásica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Real Filarmónica de Galicia: Música para a cidade

A Real Filharmonía de Galicia encetará o novo curso con tres concertos de balde.

Desta volta, para poder garantir as medidas de seguridade e hixiene recomendadas, en lugar de se desprazar aos distintos barrios de Compostela, a orquestra abrirá á cidade as portas do Auditorio de Galicia. Os tres recitais, dirixidos por Pablo de Vigo, terán lugar os días 30 de setembro e 1 e 2 de outubro, ás 19.00 horas na sala Ángel Brage.

Galego

Homenaxe a Ennio Morricone coa Orquesta Clásica de Vigo

Underfest Son Estrela Galicia presenta un proxecto traballado con moito agarimo xunto á ORQUESTRA CLÁSICA DE VIGO en colaboración co European Film Filharmonic Institute, no que máis de 50 músicos homenaxearán ao mestre ENNIO MORRICONE cunha selección das súas composicións máis emblemáticas.

Un percorrido pola obra do lendario compositor italiano no que se incluirán os temas principais de Cinema Paradiso, O bo, o Feo e o Malo, A Misión, Os Intocables, etc.

Galego

Concerto de Quinta Corda no Camiño Portugués

Obras de Bach, Vivaldi (As 4 Estacións), Albinoni (Adagio), Mozart e Tchaikovsky

Quinta Corda é unha agrupación musical que abarca un vasto repertorio que chega do barroco ao contemporáneo.

Estreáronse en 2002 no Mosteiro de S. Martinho de Tibães, en Braga, na Conmemoración das Xornadas do Patrimonio Arquitectónico, sendo calurosamente recibidos polo público.

Ata á data, estes músicos realizaron un gran número de eventos musicais, como concertos, master clases e festivais por todo o mundo.

Galego

Quinta Corda

Obras de Bach, Vivaldi (As 4 Estacións), Albinoni (Adagio), Mozart e Tchaikovsky

Quinta Corda é unha agrupación musical que abarca un vasto repertorio que chega do barroco ao contemporáneo.

Estreáronse en 2002 no Mosteiro de S. Martinho de Tibães, en Braga, na Conmemoración das Xornadas do Patrimonio Arquitectónico, sendo calurosamente recibidos polo público.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Clásica