Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Premios Risco de Creación Literaria e Poesía Cidade de Ourense 2021

O Concello de Ourense abriu o prazo para presentar traballos para os premios Risco de Creación Literaria e Poesía Cidade de Ourense, na súa edición de 2021. Ata o día 4 de xuño ás 14:00 horas, as persoas interesadas poderán entregar as súas obras, a través do Rexistro Xeral do Concello, e optar aos premios, dotados nos dous casos con 6.000 euros e a publicación do traballo gañador.

Galego

Homenaxe a Rosalía

María Rosalía Rita de Castro (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837-Padrón,  15 de xullo de 1885) foi unha poetisa e novelista española que escribiu tanto en galego  como en castelán. Considerada entre os grandes poetas da literatura española do século xix,? representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, non só pola súa achega literaria en xeral e polo feito de que os seus Cantares galegos?

Galego

Presentación de dúas pezas senlleiras do museo

Para celebrar o Día Internacional da Muller 2021, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, seleccionou dúas pezas senlleiras da súa colección, vinculadas ao tema escollido para este ano (“Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”): a Ara de Calpurnia Abana e a Inmaculada de Juan de Juni. A fotografía de cada unha destas pezas se subirá á WEB e ao Facebook do Museo os días 7 e 8 de marzo, respectivamente. Acompañaranse dun texto explicativo sobre a importancia e a relevancia histórica das mulleres que se esconden detrás destas pezas.

Galego

Lingua de namorar

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Galego

Presentación das REGA

Presentamos as REGA: Residencias artísticas do Gaiás!

Ás 10:30 horas debullamos pola canle de Twiter da Cidade da Cultura (@cidadedacultura) todos ps contidos desta nova liña de programación cultural do Gaiás con:

-       O secretario xeral de Cultura, Anxo L. Suárez.

-       A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo.

-       O director da AGADIC, Jacobo Sutil.

-       A directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura, María Pereira Otero.

Galego

Concurso de caretas solidario

En Gran Vía de Vigo buscamos a careta de Entroido máis molona e solidaria?. queres que sexa a túa?. 

Participar é TOTALMENTE GRATUÍTO, só teredes que visitarnos e recoller o KIT CARNAVALERO ata o 22 de febreiro ás 17.00h no Punto de Atención ao Cliente para que os peques poidan facer a súa propia careta orixinal. Ademais, terás que ser membro do Club dos Disfrutones.  IMPORTANTE O noso persoal do Punto de Atención ao Cliente estará dispoñible de luns a venres de 9.30h a 18:00h.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades