Cita ás cegas coas Letras Galegas
Propoñemos unha lectura ás cegas con obras escritas en galego. Só hai que coller un paquete, levalo en préstamo e gozar coa lectura!
Esta mostra atoparédela no 1º andar da Biblioteca.
Na Sala Infantil tamén haberá unha mostra cunha selección de títulos de todas as materias e para todas as idades para amosar aos máis pequenos que as Letras Galegas están presentes en todos os ámbitos.

