Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Club de lectura de cómic Vigo

Os terceiros sábados de cada mes de 10.30 a 12.30 h. na sala multiusos da segunda planta.

Inscrición previa dende o luns 9 de setembro na hemeroteca ou no teléfono 886 120 445.

1ª sesión: Antología Otomo.

Funcionamento:

1. Imprescindible inscrición previa para solicitar o cómic da sesión á que queiras asistir.

2. Podes asistir ás sesións como oínte e/ou sen solicitar o exemplar da biblioteca. Neses casos serán sesións temáticas, de xénero ou autores concreto.

3. O moderador, Iago Araújo, fará unha pequena presentación antes de comezar a charla.

Galego

Conversas en inglés

A actividade de Conversas en inglés ten por obxectivo a creación dun espazo dirixido
a persoas entusiastas desta lingua estranxeira. Un lugar onde reunirse e dedicar
tempo á práctica da lingua inglesa nun ambiente relaxado, tranquilo e de lecer.
Contaremos cun grupo reducido para participar mediante unha metodoloxía práctica
e interactiva nunha inmersión natural en inglés para ampliar vocabulario, mellorar a
expresión e gañar fluidez na comunicación.

Galego

Clubs de lectura

O día 11 de setembro ás 9:00 h. ábrese o prazo de inscrición para os clubs de lectura. A inscrición poderá facerse a través do formulario da páxina web da biblioteca ata o día 18 de setembro.

Este ano contaremos con cinco clubs dirixidos a público xuvenil e adulto:

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades