Filocafé con Manuela Palacios
O primeiro domingo de cada mes (excepto se cadra cunha ponte), desde xaneiro ata maio, o CGAC, en colaboración coa Asociación Galega da Crítica, ofrece novos encontros para filosofar e gozar dun café diante dunha obra de arte.
Os filocafés no CGAC son conversas públicas nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.

