Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 655 resultados.
Guía de boas prácticas para as actuacións nos Camiños de Santiago

Guía que ten por obxecto achegarlles ás persoas propietarias, promotoras e redactoras de proxectos criterios de como actuar no territorio histórico dos Camiños de Santiago, de modo que se garanta a salvagarda das súas características tradicionais,...
Cadernos de fraseoloxía galega 24

Cadernos de Fraseoloxía Galega presenta o seu número 24. Este volume está composto por sete artigos de temática diversa que tratan cuestións como a fraseoculturoloxía e fraseodidáctica no ensino de español como lingua estranxeira, a expresión das...
ArGaMed 6/2023. Entre antropoloxía e historia. A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itinerarium ad dominam | 6, 2023

Esta monografía representa unha culminación de tres décadas de traballo investigador. O núcleo do estudo repousa na oralidade en canto que parte esencial da creación da poesía trobadoresca e a súa inscrición na ficción das cantigas de amor e de...
Barreiro: O silencio que chove luz na xanela

Catálogo da exposición Barreiro. O silencio que chove luz na xanela, comisariada por Pilar Corredoira e Antón Castro, que reflicte o relato pictórico do artista José María Barreiro, fundindo...
Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos: Estudo introdutorio e edición facsimilar

En 1978, Ediciós do Castro publicou o número 5 de "Cuadernos do Laboratorio de Formas de Galicia" no que recollía a visión e recordos de persoas que tiveron relación, directa e indirecta, co Seminario de Estudos Galegos. Así, Fernández del Riego,...
In itínere

Trátase do catálogo da exposición que perdurará no tempo.
Cidades no tempo: Vigo

Vigo no tempo é unha celebración do fenómeno urbano en Galicia e a súa contribución á configuración da identidade local e galega, centrada na cidade de Vigo. O enfoque expositivo parte da memoria do visitante para deconstruír o espazo urbano e...
Fichas Plan Proxecta: Educación sexual. Curso 2023-2024

Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade...
Exposición II Encontro Internacional de Cestería no Camiño: 1 de xullo-30 de setembro 2023. Conxunto etnográfico das pallozas do Cebreiro

Edición do catálogo da exposición A cestería no Camiño, no Conxunto etnográfico das Pallozas do Cebreiro.
Anthology of Galician literature=Antoloxía da literatura galega: [1196-1981]
![Anthology of Galician literature=Antoloxía da literatura galega: [1196-1981]](https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/styles/listado100x100/public/images/publicacion/anthology_of_galician_literature_1196_1981_0.jpg)
Texto de 55 autores galegos desde a Idade Media ata os contemporáneos pertencentes á xeración da postguerra.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »